DIA DO MEDIO AMBIENTE
Data inicio: 04/06/2011 Data fin: 04/06/2011
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou en 2006 a resolución pola que se declaraba 2011 Ano Internacional dos Bosques, co obxectivo de concienciar á opinión pública de que os bosques son esenciais para a sustentabilidade do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.
Estas xornadas céntranse no campo da denuncia ambiental, dando a coñecer ao educador e educadora os mecanismos que teñen a súa disposición para facer fronte a unha agresión ambiental e contribuir deste xeito, á labor das administracións públicas, poñendo fin á problemática do descoñecemento das normas ambientais.
Esta xornada está dirixida a todos os educadores e educadoras que desexen adquirir ou ampliar os seus coñecementos sobre os instrumentos legais que existen na actualidade para a defensa do seu contorno.
Contido das Xornadas:
Nacemento do dereito ambiental. Lexislación.
Mecanismos de denuncia.
A denuncia ambiental: tramitación e órganos competentes, as Administracións públicas e a Administración de xustiza.
Obradoiro práctico de identificación de agresións ambientais. ECOVIXíA: Río Lonia.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
A actividade proposta consiste nun itinerario guiado utilizando os camiños que percorren as marxes do río loña na cidade de Ourense. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves.
O punto de partida da saída desde a Aula da Natureza ata Encoro de Castadón de pola marxe esquerda do río Loña.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: A persoas de todas as idades
Grupos: non superior a 35 persoas
Periodización: 4 de XUÑO do 2011
Horario: de 10:00 a 14:00
Duración: 240 min
Achegas da Concellería de Educación: ESTA ACTIVIDADA ESTA REALIZADA EN CONXUNTO COA CONCELLERIA DE MEDIOAMBIENTE E AMIGOS DA TERRA POLA CELEBRACION DO DIA DO MEDIO AMBIENTE
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es



No hay comentarios:
Publicar un comentario