TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE
A Coordinadora Galega de ONGDs organiza mañá xoves día 5 o acto "Teño unha pregunta para vostede" no que representantes dos partidos políticos que optan á alcaldía do Concello de Ourense respostarán cuestións relacionadascoa solidariedade, a cooperación ao desenvolvemento e medio ambiente queas persoas asistentes lles queiran formular. O acto celébrase simultáneamente en Ourense (ATENEO, ÁS 19'00), A Coruña,Pontevedra, Ferrol e Compostela. As persoas que respostarán ás preguntas que o público asistente queiraformular serán:
BNG: MARTA ARRIBAS GONZÁLEZ
PP: BELÉN IGLESIAS CORTÉS
PUM + J: RAFAEL FERNÁNDEZ ALONSO
PSG-PSOE: JOSE ÁNGEL VÁZQUEZ BARQUERO
EU: JON SÁEZ GARCÍA
Modera: JUDITH SING JACKSON (AMIGOS DA TERRA)
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario