OBSERVACIÓN DE AVES DESDE O TINTEIRO
Con motivo da celebración do "Día mundial das aves" 2011,o día 8 de
outubro, realizarase unha actividade de observación de aves desde o
lugar de O Tinteiro, situado na beira esquerda do río Miño en
Ourense. Ensinarase cómo utilizar
prismáticos e telescopios, a identificación das aves e observaranse aquelas mais típicas do entorno do río Miño. O horario da actividade é de 10:00 a 14:00
Repetirase o día 11 de decembro de 2011, no mesmo lugar
e co mesmo horario.
A Aula da natureza do río Miño da Concelleria de Educación pon en marcha
este proxecto coa colaboración da Concelleria de Medio Ambiente
Lugar: Tinteiro
Dirixido: A persoas de todas as idades
Periodización: 8 de outubro e 11 de decembro do 2011
Horario: de 10:00 a 14:00
Duración: 240 min
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza
do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario