TERMALISMO/Centros Educativos.
Data inicio: 21/05/2012 Data fin: 04/06/2012
Estas teñen a súa orixe nas profundidades da terra e que, atravesando as pequenas fisuras que o substrato de granito lle permite e adquirindo as propiedades dos minerais polos que pasa, chega á superficie. Os romanos, grandes afeccionados a este tipo de mananciais, xa aproveitaron estas fontes como a testemuña o ara (altar) dedicado ás ninfas das augas das Burgas. Este lugar inicia un paseo termal que nos permite gozar dos principais surgencias do concello. Seguindo o curso do Barbaña chegamos á Ponte do Milenio. Tras a obrigada parada nos seus miradoiros baixamos ata as Termas da Chavasqueira. Aquí podemos alugar unhas bicicletas ou continuar a pé. Seguimos polo paseo fluvial que nos leva ao Tinteiro e que pouco despois nos comunica con outro paseo asfaltado ao final do cal se encontran as augas das burgas do "Muiño da Veiga"
ÁS BURGAS Mananciais de augas termais (67ºC) e mineromedicinales recomendadas para problemas de pel (dermopatías prurixinosas), reuma e artrite.
CHAVASQUEIRA Situada na marxe dereita do río Miño no "Campo da Feira" cunha temperatura de 63ºC, esta auga están recomendadas para a reuma, artrite e afeccións da pel.
TINTEIRO Fonte de augas termais, de uso gratuíto, a 500 metros das anteriores. Este manancial atrae agüistas de toda a península e de Portugal. Ámbito rehabilitado recentemente polo Concello, Recomendado para enfermidades da pel e cicatrices.
MUIÑO DÁ VEIGA Gran piscina termal ao aire libre, de uso gratuíto, sita xunto ao "Muiño dá Veiga", nunha grande área recreativa, na zona de Quintela de Canedo. A tres quilómetros do Tinteiro polo paso peonil asfaltado da marxe dereita do río Miño.
OUTARIZ As súas augas que saen a unha temperatura de 60º C están indicadas para reuma e artrite. Situada a 3 km da cidade, por un paseo termal que a través dunha pasarela se comunica coa outra beira do río, nun futuro dispoñerá dun balneario que contará con media ducia de piscinas termais.
OBXETIVOS Poner en común conocimientos, medios e actividades para conseguir a finalidade de interés xeneral de desarrollo sostenible do termalismo dende unha perspectiva territorial, turística, sanitaria, social, científica, cultural, medioambiental e hidromineral. Promover a planificación, xestión integral e aproveitamento sostenible dos recursos. Contribuir a mellora da calidade do medio ambiente, a protección dos acuíferos e os xeorecursos termaies, a biodiversidade e a conservación e desenrrolo sostenible dos recursos naturaies e de medio rural. Promocionar o desarrolo cultural local e os valores que favorezcan o desenrrolo endóxeno dos municipios termaies, así como a conservación do patrimonio histórico, arqueolóxico, archivístico e documental relacionado co termalismo. Facilitar o aprovechamento racional dos recursos enerxéticos.
A actividade dividiase en duas partes: Parte teorica (Na aula da natureza do río Miño) Parte Practica (Unha das termas de Ourense)
Centros educactivos
21/5/2012 10 A 12:30 LABORAL 34
23/5/2012 10 A 13:40 COUTO 21
25/5/2012 10 A 12:30 PURISIMA 40
01/6/2012 10 A 12:30 FRANCISCANAS 24
04/6/2012 10 A 12:30 FRANCISCANAS 24
Dirixido: Centros educativos
Lugar:Aula da natureza do río Miño.Paseo fluvial de Oira s/n
Grupos: Como máximo 5 grupos, non superiores a 25 persoas
Periodización: 21 ao 31 de Maio de 2011
Horario: de 10:00 a 13:00 Duración: 90 minutos
Achegas da Concellería de Educación: Transporte aos centros educativos do Concello de Ourense Colabora:
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.

No hay comentarios:
Publicar un comentario