Anabam Asociación
Este sábado, día 10 de novembro, a partir das catro da tarde, nos arredores do campo de Chans, subida ao Trega (A Guarda), procederemos á erradicación manual de acacias no BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA.
Esta actividade é aberta a todas aquelas persoas que queiran colaborar. A pesar da crise, NON COBRAMOS NADA, así que, sen desembolsar "nin un peso" podedes pasar unhas horiñas facendo sano exercicio natural.
Tedes máis información en www.anabam.org
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario