Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente SLnace para ofrecer ao público a súa experiencia na xestión de fauna e recursos medio ambientais, empregando as últimas ferramentas para o desenvolvemento dos nosos proxectos.
Constituída por Biólogos cualificados, contamos cunha dilata experiencia na ordenación e avaliación de recursos naturais.
O ámbito de traballo de Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente SL enmárcase na prestación de servizos ambientais especializados no campo do medio natural: estudos e investigación con fauna silvestre, elaboración de Plans de Ordenación Cinexética e Plans Anuais de Caza, inventarios de fauna e vexetación para Estudos de Impacto Ambiental, desenvolvemento de estudos previos de avifauna e quirópteros para emprazamentos de parques eólicos, desenvolvemento de plans de seguimento ambiental (censos de avifauna e quirópteros e estudos de colisións) en parques eólicos, censos de fauna, desenvolvemento de guías e paneis informativos.
http://sorexecoloxia.jimdo.com/
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario