lunes, 18 de mayo de 2015

prácticas a estudantes universitarios en parques naturais e centros de recuperación

Medio Ambiente oferta 80 prazas de prácticas a estudantes universitarios en parques naturais e centros de recuperación

O período para a realización de prácticas irá dende xuño ata setembro
As tarefas a desempeñar consistirán na identificación de flora e fauna, seguimento do estado de conservación de hábitats e especies, actividades de educación ambiental ou apoio ao uso público do espazo natural protexido
Os criterios de selección estableceranse por expediente académico e por unha carta de motivación que terá que realizar cada alumno interesado
Santiago, 15 de maio de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, oferta 80 prazas de prácticas a estudantes universitarios galegos en parques naturais e centros de recuperación de fauna.
Esta formación complementaria, que se levará a cabo entre os meses de xuño e setembro, enmárcase nos acordos da Xunta coas universidades galegas para que os seus estudantes poidan realizar prácticas académicas externas nos seus centros dependentes.
As titulacións que poderán acceder ás prácticas son Bioloxía, Veterinaria, Enxeñería Forestal e de Montes e Ciencias Ambientais, todas elas relacionadas co medio ambiente.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza lembra que as relacións de candidatos ás distintas prazas recolleranas as universidades, que deben envialas antes do próximo 20 de maio.
Os criterios de selección estableceranse por expediente académico e por unha carta de motivación que terá que realizar cada alumno interesado.
Funcións 
Os alumnos que participen neste período de formación encargaranse de tarefas como a identificación e conservación de flora e fauna, seguimento do estado de conservación de hábitats e especies, actividades de educación ambiental ou apoio ao uso público do espazo natural protexido.
Os horarios e quendas serán establecidos pola Consellería, mentres que cada institución académica, solicitando as listaxes que faciliten as facultades beneficiadas, remitirá unha relación de alumnos dispostos a participar nas prácticas. Cada universidade terá o mesmo número de prazas asignadas, aínda que se unha non cobre todas as vacantes estas cubriranse con candidatos propostos polas restantes. A distribución do alumnado será equitativa entre as facultades solicitantes.

Asociación Galega de Promoción da Educación Permanente Anlla










17 dia mundial de reciclaje