martes, 28 de enero de 2020

Dia dos Humedais

Ourense, 2 de febreiro de 2019

Día Mundial dos Humedais

O 2 de febreiro de cada ano é o Día Mundial dos Humedais e nel conmemorase a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais de Ramsar 1971.

O Convenio Mundial RAMSAR de Conservación dos Humedais, (do cal Españaé parte), baixo o lema “Humedais e Biodiversiade” está dedicado este ano este ano a reflexionar e promover a conservación destes
espazos naturais.

Os humedais proporcionan á humanidade numerosos servizos imprescindibles para a vida humana e para o equilibrio do Planeta: non só regulan o clima, os ciclos da auga ou, como no caso de Galicia, son
unha importante fonte de traballo e de economía sostible, grazas á súa enorme produtividade marisqueira e pesqueira.

No Día Mundial dos Humedais, Amigos da Terra quere recordar a necesidade de promover en Galicia un modelo de desenvolvemento baseado no uso sostible dos nosos valiosos humedais, en vez da súa destrución
destes espazos que dende os anos 50 do século pasado perdéronse ó 60% da súa superficie.



ROTEIRO POLO RÍO MIÑO

Co gallo da conmemoración do 48 aniversario do Convenio Ramsar, celebra un ano máis o día dos humedais. Esta actividade está organizada pola Aula de Natureza do río Miño, [1] en colaboración con
Amigos da Terra e Xeitura Coop [2]. Realizaremos unha saída polas ribeiras do Río Miño ao seu paso polo concello de Ourense, para o DOMINGO 2 DE FEBREIRO pola mañana.

Partiremos dende a PASARELA DE OUTARIZ, ÁS 10:30 horas e tras un paseo
dun pequeno percorrido pola marxe dereita do río Miño dunhas tres
horas, rematará na localidade de Untes, que servirá para iniciarse na
observación de aves propias de entornos lacustres ou fluviais e que
será guiado polo naturalista ourensán Raúl González.

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñen deles.

Para máis información contactar con
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
aulanatureza@ourense.es

ou nos telefonos: 988510781 ou 988 374 318

https://amigosdaterra.net/info/160415_adt/axenda/dia-mundial-dos-humedais/
[3]

FACEBOOK: https://bit.ly/2RzCUCv

https://twitter.com/adtgalicia/status/1222160812170776577

https://www.instagram.com/p/B716Rjhioqb/



Links:
------
[1] https://www.facebook.com/Aula-da-Natureza-do-r%EDo-Mi%F1o-191674821502/
[2] https://www.facebook.com/Xeitura/
[3] http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-conservacion/1413-presentacion-do-libro-qdurmiendo-con-lobosq


---
Luis Herminio Amigo Estrada

Coordinador do Aula da Natureza do Río Miño

988 510 781