lunes, 15 de junio de 2020

"Actividades de conciliación de verán 2020"


"Actividades de conciliación de verán 2020" da Aula da natureza do río Miño da Concellería de Educación do @OurenseConcello. Non perdas a oportunidade vivir a natureza dentro da cidade http://escola.educacionourense.com/concilia/










jueves, 11 de junio de 2020

Dia Mundial do Medio Ambiente




https://educacionourense.com/wp-content/uploads/2020/06/D%C3%ADa-do-Medio-Ambiente-2020-multimedia-Aula-de-Natureza-de-Oira-1.pdf

miércoles, 20 de mayo de 2020

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

20 DE MAIO // DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS + VÍDEO DA IMPORTANCIA DAS ABELLAS


https://educacionourense.com/20-de-maio-dia-mundial-das-abellas/




Axudas aos páxaros

Pon unha cunca de auga na fiestra 
As altas temperaturas están provocando golpes de calor nas aves urbanas 




lunes, 11 de mayo de 2020

miércoles, 11 de marzo de 2020

OBRADOIRO DE MORCEGOS


OBRADOIRO DE MORCEGOS  17/03/2020



A cidade de Ourense resulta unha das urbes de maior importancia cultural de Europa.
 Destaca principalmente o seu casco antigo, cheo de historia, representada 
amplamente con numerosas construcións. Este mundo de pedra, aparece sempre 
acompañado de zonas 
verdes, de diversa estrutura e tamaño, que xeran unha harmonía paisaxística. Así mesmo, 
o feito de situarse nas ribeiras do río Miño, e a abundancia de puntos de auga
 asociados ao termalismo, apórtalle un valor ambiental a este medio cultural.

Esta paisaxe tan complexa favorece a existencia de diversas comunidades de fauna urbana, 
onde as aves pola súa conspicuidade resultan os animais máis aparentes.

Os morcegos son outro grupo importante dentro dos animais urbanos, que alberga na 
contorna da cidade unha boa comunidade. A pesar diso, son un dos grupos peor coñecidos, 
tanto pola súa discreción como pola lenda negra á que están asociados.

Na orixe moitas especies de morcegos presentaban unha distribución limitada pola 
dispoñibilidade de refuxios apropiados, tales como fendas e gretas en cantís, 
rochedos ou en grandes covas. Posteriormente, aprenderon a aproveitarse dos
 asentamentos humanos para ubicar os seus refuxios nas cavidades que 
existían nas construcións feitas polo home.

A progresiva transformación do medio natural, fixo que moitas especies 
dependan case exclusivamente da presenza de construcións para ocupar un determinado
 lugar, estas especies coñécense como antropófilas.

Estas especies resultan especialmente sensibles ás actividades humanas, tanto polas 
molestias que lle pode ocasionar a eles mesmos, como os posibles inconvintes que lle 
provoque a súas presencio ás persoas.

O coñecemento deste grupo, e especialmente das especies antropófilas, pode axudar 
a entender máis sobre estes veciños que conviven con nós e así desmitificar 
falsas crenzas, axudando á súa conservación.

Este coñecemento pode darlle ao contexto histórico un valor engadido 
ao cultural, a biodiversidade.

Obxectivos:
Coñecer que son os morcegos, como viven, como se alimentan, as súas lendase 
crenzas, etc.
Dar a coñecer a biodiversidade asociada á cidade.
Realizarase un obradoiro de construción de caixas morcegueiras, facendo 
referencia a importancia destas actuacións na conservación dos morcegos. 

 Autobus aportalo a Concellaría de Educación aos centros educativos.
Destinatarios/as:  a actividade adaptarase aos distintos niveis educativos
Grupos: 3 grupos non superior a 25 persoas
Duración: 90 min.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización:17 de marzo 2019
Horario:  Pola maña de 10:00 a 11:30 e 11:30 a 13:00  para centros educativose 
pola tarde de 16:00 a 17:30 para
 nenos e familias
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tlfno: 988510781 
Correo electrónico:aulanatureza@ourense.es


https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_mino/

Curso de poda i enxerta da Universidade Popular no 25 aniversario

Curso de poda i enxerta da Universidade Popular no 25 aniversario na Aula da natureza do río Miño
do @OurenseConcello 3 de febrero ao 18 de marzo de 17.00 a 20:00 por @RosendoLuis1
de @trasdezanatur










lunes, 9 de marzo de 2020

Curso de poda i enxerta na Aula da natureza do rio Miño

Curso de poda i enxerta  da Universidade Popular no 25 aniversario na Aula da natureza do río Miño
 do @OurenseConcello 3 de febrero ao 18 de marzo  de 17.00 a 20:00 por @RosendoLuis1
 de  @trasdezanatur











lunes, 2 de marzo de 2020

Charla divulgativa do Lobos por Pablo Atrio

Charla divulgativa do Lobos por Pablo Atrio a nenos de 4º de EP de Divino Maestro na Aula da natureza do rio Miño do @OurenseConcello














Charla divulgativa do Lobos por Pablo Atrio

Charla divulgativa do Lobos por Pablo Atrio a nenos de 1º de Bach. de Universidade Laboral na Aula da natureza do rio Miño do @OurenseConcello