SEMANA DA MEL/CENTROS EDUCATIVOS
Charlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde nos explicarán a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición.
Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.
Obxectivo:
* Traballar e aprender o marabilloso mundo das abellas.
* Estudar na colmea a recoñecer as abellas, como se reproducen e que actividades realizan, como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie.
* Coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e tamén, por que non, poder obter o teu propio mel.
* Coñecer as propiedades do mel, tanto nutricionais como terapéuticas: facilita a dixestión, laxante suave, propiedades sedantes.
Contenido:>
1.º Parte: · Introdución á apicultura.
2.º Parte: · Transformación de produtos e subprodutos do mel
3.º Parte . Obradoiro. Crear a propia vela
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: 5 Centros como máximo. A todas a idades educativas
Grupos: Non superior a 25 persoas
Periodización: 16 a 21 xaneiro do 2012
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 100 min.
Achegas da Concellería de Educación: Transporte
Colabora:
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
martes, 10 de enero de 2012
martes, 3 de enero de 2012
lunes, 2 de enero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











