jueves, 8 de marzo de 2012

Curso horticultura. Amigos da Terra.

Curso horticultura. Amigos da Terra. 29 Feb 2012


Da man de Belén Fervenza e Jacobo Ojea, labregos/as ecolóxicos de Redondela e habituais colaboradores de Amigos da Terra, coñeceremos nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo. Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación de bancales, etc; serán algúns dos contidos a tratar neste curso, onde ademais dos contido teóricos, faremos prácticas sobre o terreo.

Programacion do curso.
Datas: 17 -18 marzo
Horario: Sábado de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:30 h. Domingo de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 18:30 h.
Prezo completo: 110 euros. 100 € para socios/as. inclúe formación, aloxamento e manutención (procedente da agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible)
Prezo reducido: 70 euros. inclúe formación e aloxamento (manutención por conta dos/as participantes)
Destinatarios/as: público xeral, especialmente dirixido para aquelas persoas que queiran iniciarse no cultivo ecolóxico ou mudar dun sistema convencional. Certificado de asistencia para aquelas persoas que o soliciten



Inscrición:
Envia a ficha cuberta por correo electrónico, postal ou fax;
antes do 12 de marzo a:
info@ascorcerizas.com
Fax: 988 511 020
R/Concordia nº20, 2º esquerda. 32003 Ourense

miércoles, 7 de marzo de 2012

ROTEIRRÍOS 2012. RASTROS E PEGADAS

CONVOCATORIAS: ACTIVIDADES: CURSOS, SEMINARIOS, CAMPAÑAS, CONGRESOS : GALICIA ROTEIRRÍOS 2012. RASTROS E PEGADAS http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=263&Itemid=29 Contido: Este ano o programa Roteirríos está dedicado a coñecer e axudar á conservación da biodiversidade. Nos ecosistemas fluviais habitan numerosos organismos que rara vez podemos observar. Pero existen métodos para recoñecelos. Indicios como pelos, pegadas ou defecacións poden facilitarnos moita información sobre a súa bioloxía e distribución no caso de saber interpretalos. Para aprender a recoñecer estes sinais que deixan os vertebrados, o próximo sábado día 17 de marzo se realizará unha saída formativa pola contorna da Eira da Xoana (Ramil - Alto Ulla). Lugar: Ramil - Alto Ulla. Organizador: Adega e Proxecto Ríos. Data de inscrición: Información: ramses@adega.info Teléfonos: 981 57 00 99 / 616 23 80 50. Data de inicio: 17/03/2012 Data de fin: 17/03/2012 OUTRAS COMUNIDADES