sábado, 7 de marzo de 2015

Observación do eclipse de sol do 20 de marzo de 2015

Observación do eclipse de sol do 20 de marzo de 2015

Ven aos nosos observación e a divulgación científica e aprende e goza todo o referente á astronomía dos eclipses.

Non che perdas unha ocasión que a poderás gozar moi poucas veces na vida.
O 20 de marzo de 2015 observarase dende a Aula da natureza do río Miño un eclipse de Sol parcial. A aula e AAO invítache a prepararche para tal evento e coñecer a ciencia da astronomía, a mecánica celeste, o por que dos eclipses, os seus ciclos, a súa clasificación, todos os datos necesarios para o eclipse do 20 de marzo... Comprenderás así en profundidade, e gozarás aínda máis, un evento que poderás observar moi poucas veces na vida.

Contidos da observación.

Algunhas historias de eclipses.
Por que se producen.
Datos do eclipse de sol do 20 de marzo.
Materiais incluídos no observacion.
Lentes solares especiais para a observación do eclipse.
Manual de observación.

Día 20 de marzo de 2015
Hora 08:30 a 11:00
Lugar Aula da natureza do rio Miño
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, coordinador da Aula da natureza do río Miño
Telefeno 988510781 , correo electronico aulanatureza@ourense.es
Colabora AAO

Dia dos rios

PASEOS POLA RIVEIRA DO MIÑO EN BICICLETA (Fin de Seman)
Data inicio: 14/03/2015     Data fin: 14/03/2015
 O 14 de marzo é o Día Mundial de Acción en defensa dos Ríos e en Contra das Represas. Cada ano, miles de persoas por todo o mundo levantan as súas voces para celebrar os ríos do mundo e a aqueles que loitan por protexelos. O Día Mundial de Acción en defensa dos Ríos é unha ocasión para celebrar vitorias tales como a eliminación de presas e a restauración dos ríos. É un día para saír ás rúas, facer manifestacións e esixir melloras nas políticas e as prácticas das autoridades que toman as decisións en torno a este tema. É un día para aprender os uns dos outros acerca das ameazas que enfrontan os nosos ríos, e para aprender mellores solucións para enfrontar os problemas de enerxía e auga. Sobre todo, o 14 de marzo é un día para xuntar esforzos, para que, xuntos, fagamos público que estas cuestións non nos afectan soamente a nivel local, senón que tamén teñen un alcance mundial.

Descrición
No campo da interpretación ambiental, presentamos unhas rutas interpretativas na natureza , a pé ou de bicicleta, coa finalidade dun maior coñecemento do medio a través da súa fauna, flora, paisaxes,etc., procurando ao tempo o divertimento dos participantes.
A actividade que presentamos é a denominada “Ruta ciclointerpretativa do río Miño”.

A actividade proposta consiste nun itinerario guiado en bicicleta, utilizando os camiños que percorren as marxes do río Miño na cidade de Ourense. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves.

Os puntos de partida e as opcións de percorrido poden ser varias:

Saída desde Aula da natureza do río Miño ata Outariz pola marxe esquerda do río, seguiríase despois polo camiño a Untes ata o primeiro observatorio de aves -polo menos- e regreso cara á pasarela de Oira pola marxe dereita do río.

A duración aproximada do percorrido sería de 3 a 4 horas, unha mañá; e a época de realización, calquera é válida, aínda que a maior variedade de avifauna se dá no outono e inverno (desde finais do verán a principios de primavera).

Obxectivos
Potenciar o uso da bicicleta como transporte alternativo e como medio de transporte nunha actividade de interpretación.
Fomentar o respecto pola natureza a través do seu coñecemento (neste caso, aspectos ligados ao río Miño como a súa flora, fauna, etc.)
Dedicar unha especial atención á rica variedade de aves presentes no contorno do río Miño e achegar o uso de instrumentos de observación como os prismáticos e os telescopios.

Marterial
Contamos cun parque de 16 bicicletas tipo treking dotadas con cestas, portavultos e alforxas. Tamén se lle proporcionará a cada participante un casco e uns prismáticos,e 2 telescopios para a observación de aves.
Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as: A persoas de todas as idades
Grupos: Non superior a 15 persoas
Temporalización:  14 de marzo de 9:45 a 13:00h.
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada ( 988510781/ aulanatureza@ourense.es )
colabora Bilurico

dia del rio.JPG