A resolución da Asemblea Xeral de Nacións Unidas que designa 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos insta aos Estados membros e outros actores para "aproveitar o ano para aumentar a conciencia sobre a importancia de abordar as cuestións de enerxía, incluídos os servizos modernos de enerxía para todos, o acceso a unha enerxía alcanzable, a eficiencia enerxética e a sostibilidade das fontes de enerxía e o uso e promover a acción a nivel local, nacional, rexional e internacional ." Se está interesado en organizar un evento, ou consultar os eventos e actividades programados pode visitar a páxina da organización.
Lugar: Internacional.
Organizador: Fundación pro Nacions Unidas.
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario