lunes, 16 de abril de 2012

Ornitoloxía(coñece as aves) / Centros Escolares

Ornitoloxía(coñece as aves) / Centros Escolares

O Programa das Nacions Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) celebra o segundo fin de semana do mes de maio o Día Mundial das Aves Migratorias.


O Día Mundial das Aves Migratorias é unha campaña de sensibilización anual e mundial, dirixida a promovela conservación das aves migratorias e os seús hábitats en todo o mundo. Está organizada polo Acuerdo para la Conservación das Aves Acuáticas Migratorias de África e Eurasia (AEWA) e a Convención sobre Especies Migratorias (CMS) - dos tratados ambientais internacionales con sede en Bonn e administrados polo Programa das Naciones Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). ·

 DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE Esta actividade ten como obxectivo o achegamento ao mundo das aves, a través da súa observación directa e a elaboración de comederos e caixas niño.
A actividade divídese en 2 partes: · Parte teórica: explicación sobre diferentes tipos de caixas niño, comederos, identificaciónde aves, etc · Parte práctica: realización dun comedero, colocación dos comederos e dunha caixa niño. Realizarase tamén observación de aves con prismáticos e telescopio. Anelamento de aves

OBXECTIVOS O presente curso vai destinado a un público que presenta nocións básicas en ornitoloxía, por esta razón impártese con posterioridade ao Curso de Iniciación. Durante o curso preténdese que os asistentes comecen a identificar especies de aves sen chegar a observalas de xeito ideal. Para iso comezarán a identificar aspectos importantes como son os cantos, a silueta en voo, así como outros aspectos comportamentales. Ademais das prácticas de campo, o curso contará con clases teóricas cun marcado enfoque aplicado. Por exemplo, ensinarase aos asistentes unha variedade de métodos de mostraxe/censo de aves que permitirán aos asistentes tanto sacar un maior proveito dos datos que eles mesmos tomen no campo, así como ofreceráselles información sobre censos e proxectos coordinados, a nivel rexional ou estatal, nos que poderán colaborar no futuro. Tamén se capturarán e anillarán aves mediante técnicas de trampeo non lesivo co que os participantes poderán identificar as aves en man. Para contextualizar o anterior, mostraráselles os resultados de estudos levados a cabo polos responsables do curso nos que se precisou da identificación e seguimento de aves para alcanzar os obxectivos dos proxectos.



CENTROS QUE ASISTIRAN
2/5/2012 10:00 A 12:30 FRANCISCANA 22/4 ESO
7/5/2012 10:00 A 12:30 CONCEPCION ARENAL 37 /1 EP
9/5/2012 10:00 A 12:30 FRANCISCANA 19/4 ESO
 10/5/2012 10:00 A 12:30 CONCEPCION ARENAL 32/2 EP
11/5/2012 10.00 A 12:30 UNIVERSIDAD LABORAL 18 4 ESO

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: A todo tipo de persoas
Grupos: 5 grupos, non superior a 25 persoas
Temporalización: 1 ao 14 de maio de 2012
Horario: 10:00 a 13:00
Duración: 100 MINUTOS
Achegas da Concelleria de Educacion:
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Telefono: 988510781 / 988388136
Correo electronico: aulanatureza@ourense.es
Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario