lunes, 7 de octubre de 2013

VOLUNTARIADO AMBIENTAL

Voluntariado ambiental contra as especies invasoras 

na Corna

Fundación Biodiversidad  vén de seleccionar por segundo ano consecutivo a proposta de
actuación de ADEGA no marco da iniciativa "Playas, voluntariado y custodia del territorio".
Ademais de seguir divulgando a problemática das especies invasoras, e a importancia
de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a
concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral e facilitar
 ferramentas de conservación á cidadanía. Outros dos obxectivos é acadar un mellor
estado ecolóxico dos ecosistemas dunares.

A segunda xornada de voluntariado, inicialmente prevista para o 23 de xullo, trasladouse
ao 10 de outubro, e será na praia da Corna (Pobra do Caramiñal), onde realizaremos
 un ano máis labores de eliminación de flora exótica invasora. Esta praia ten un ecosistema
 dunar ben conservado mais conta con numerosas ameazas que poñen en perigo  tanto
a flora como a fauna. Tamén é un dos lugares da nosa costa onde podemos atopar píllara
das dunas (Charadrius alexandrinus) pequena ave considerada vulnerábel en Galiza.
 Esta actuación dará continuidade aos traballos realizados por ADEGA no Proxecto Corna,
no que alén de eliminar flora exótica invasora, realizamos unha campaña divulgativa sobre
o valor deste ecosistema e a necesidade de protección da píllara das dunas, continuando
 cos traballos de 2012  dentro do proxecto Conservando as nosas dunas.
ADEGA abreu xa o prazo de inscrición para a xornada do 10 de outubro para a
conservación dos ecosistemas dunares.
É unha actividade gratuíta onde o voluntariado contará con seguro de accidentes,
alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida. As voluntarias e os
voluntarios que queiran participar poden apuntarse ou pedir información no seguinte
enderezo: ramses@adega.info   tlf: 616 238 050

No hay comentarios:

Publicar un comentario