martes, 4 de febrero de 2014

RIDIMOAS

Ridimoas é un bosque sito en Beade (Ourense), convertido en Refuxio de Fauna en 2004 gracias ó esforzo da Asociación do mesmo nome fundada en 1988.
Descripción de la empresa
O bosque Ridimoas nace como resultado da merca continuada de parcelas privadas dende o ano 1988. Isto conseguese coa cota aportada por máis de 1000 persoas asociadas, gracias ós cais este proxecto é posible. 
Ademais de mercar e restarurar estas novas parcelas do bosque, a asociación dedica gran esforzo en educar e sensibilizar na importancia dos bosques para as futuras xeracións.
Descripción
Todo empezou en 1977 cando o actual presidente, Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén), decide impulsar a actividade extraescolar "Aula Verde" da antiga Universidade Laboral de Ourense.
Nunha primeira fase logrouse sensibilizar ós alumnos/as na conservación da natureza, especializandose na rehabilitación de fauna silvestre. Para esta actividade mantiñase unha estreita relación coa xefatura provincial do Icona. 
O terceiro posto acadado na fase nacional do Premio Holanda premiou o labor conservacionista dos alumnos en favor das aves de presa. A partir daquí a mellora nos habitas das especies protexidas sería o norte das actuacións, comprendendo que a mellor maneira de aumentar o espacio vital da fauna silvestre era restaurar os montes que desde había anos viñan sufrindo o efecto devastador dos incendios forestais. 
En 1988 a "Aula Verde" recibe o premio nacional: Ano Europeo de Medio Ambiente, patrocinado por Plus Ultra. Dito premio dotado con 500.000 pts permitiu fundar a Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas, coa intención de mercar as terras que conforman o espacio forestal ribeirán de Ridimoas. Desde entón vense comprando, aproximadamente, unha hectárea por ano, controlando un total de cerca de 300 hectáreas acollidas a figura de protección de Refuxio de Fauna. 
A labor conservacionista levada a cabo por Ridimoas nos seus anos de existencia foi recoñecida con moitos premios, entre os que destacan: Unesco, Bandeira Verde de Galicia e Félix Rodríguez de la Fuente. 
Na actualidade somos 1005 socios/as que pagan unha cota mínima de 10 € ó ano, que os converten en propietarios fiscais das terras adquiridas. 
Tipo de Bosque: Bosque de transicción entre a Rexión Floral eurosiberiana e a Rexión Floral mediterránea, con clima oceánico-mediterráneo, en altitudes comprendidas entre os 80 e 300 m.s.n.m. ; na comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense (Galicia). 
O climax do bosque estaría formado por carballeira de Quercus robur e Quercus pyrenaica con sobosque de rascacú (Ruscus aculeatus), érbedo (Arbutus unedo), distintas especies de fentos, etc; con pés relictos de cerdeira de acios (Prunus padus).

Información de contacto
Teléfono 988 48 00 62
Dirección de correo electrónico asociacion@ridimoas.com
Sitio web http://www.ridimoas.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario