Descrición
A finalidade da actividade é educativo-cultural,constará na realizacíon a pé de tres rutas previamante seleccionadas.
Na elección teranse en conta factores ambientales, paixasísticos e culturais, ademais que o percorrido das rutas sexa o máis asequible posible para os participantes. Os paseos serán realizadas de xeito tranquilo e relaxado procurando que os participantes disfruten do entorno e se identifiquen con el.
ObxetivosAchegar as persoas participantes aso coñecemento e disfute do entorno natural, paisaxístico e cultural de distintos lugares da provincia
Fomentar hábitos e comportamientos respetuoso co entorno
Favorecer relacións de amizade e camaradería entre os participantes
Rutas
PROPOSTAS PASEOS PRIMAVERA 2014
27 abril : Oseira. A ruta discorre parcialmente dentro do espazo de Rede Natura de Pena Veidosa (máis coñecido como Serra Martiñá) e remata no mosteiro de Oseira. Distancia 7 km. Dificultade baixa. Despois de xantar no restaurante Ateneo, faremos un pequeno recorrido arredor do Puzo do Lago, en Maside, lagoa desenvolvida sobre unha antiga explotación romana de ouro, cunha interesante vexetación acuática.
11-maio. Bidueiral de Montederramo. Trátase dun dos nosos bosques máis valiosos, que forma parte da rede europea de espazos naturais protexidos Rede Natura. O bidueiro (abedul) é probablemente a nosa árbore autóctona de maior beleza e destas ademais a que medra a unha maior altitude; aquí, na ladeira norte de San Mamede, entre os 1150 e os 1500 m., forman un entorno máxico. Nesta época do ano os bidueiros estrean nova follaxe mentres que nas matogueiras de arredor dominan as uceiras, que tamén están en flor, polo que o conxunto é espectacular. O bidueiral está a uns 5,5 km do lugar no que nos deixa o autobús, xantaremos de campo no propio entorno, gozaremos das espectaculares vistas e retornaremos polo mesmo camiño. Dificultade baixa.
Plataforma do Cenza (Vilariño de Conso-Manzaneda-Chandrexa de Queixa) : Aínda que xa estiveramos na zona no 2012, nesta ocasión faremos a ruta desde a presa do encoro e arredor deste. O lugar presenta suficientes valores naturais, xeolóxicos, etnográficos e paisaxísticos deste lugar como para que nos poida sorprender unha vez máis; ademais xantaremos sobre o terreo para poder disfrutar con máis tranquilidade e faremos o recorrido un mes máis tarde para evitar o frío. O percorrido discorre todo el dentro do espazo natural do Macizo Central Ourensán, que forma parte de Rede Natura. A Plataforma do Cenza e unha chaira elevada ocupada durante as glaciacións do Cuaternario por un manto de xeo que baixaba de Manzaneda e a serra de Queixa e continuaba formando linguas glaciares cara Mormentelos ou Prada entre outras; por este motivo presenta gran cantidade de pegadas dos xeos como distintos tipos de moreas ou “till”, campos de bloques, rochas aborregadas, circos ou vales glaciares, ... Ademais podemos observar algúns dos hábitats naturais mais valiosos de Galicia, como turbeiras, uceiras húmidas ou cervunais. Entre as especies que se poden observar están a aguia cobreira, o desmán, as choias, etc, e entre os elementos do patrimonio etnográfico algúns curros tradicionais.
Pola altitude (arredor dos 1350 m), é imprescindible acudir convenientemente protexido contra a radiación ultravioleta (crema protectora, sombreiro, gafas)
Hai dúas opcións, unha máis fácil seguindo o camiño que rodea o encoro duns 10,5 totais, e unha 2ª na que nos desviamos ata as proximidades da lingua glaciar de Prada, que ten 16,2 km. en total En calquera caso o percorrido é practicamente plano e dividido en dúas etapas con xantar aproximadamente na metade da ruta. Dificultade baixa.
OBSERVACIÓNS
Todas as actividades poderán ser modificadas por causa externas e alleas á organización.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
FORMA DE PAGO:
Inscrición 11 de abril: Tasa 10 euros
Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
Non se admitirán ingresios bancarios sen a inscrición previa na Aula da natureza.
Ingreso no número de conta de novacaixagalacia ES2080 5251 40 3111391114
Concepto:aula da natureza. paseo de primavera 2014

No hay comentarios:
Publicar un comentario