Charcas con vida: Inspección da Bodeira
A próxima inspección periódica da Lagoa Bodeira (tras a praia Mexilloeira no Grove) será o sábado 8 de novembro ás 10:30h da mañá na lagoa. Vente con botas de auga e, se podes, con prismáticos ou telescopio.
Convidámoste a participar no programa de custodia do territorio encadrado dentro do proxecto Charcas con vida, que é unha iniciativa que nace coa intención de difundir os valores das charcas e de contribuír ao seu estudo e conservación. Pretende aportar solucións ao problema de desaparición de charcas e da biodiversidade que acollen, así como fomentar actuacións para conservalas. Está dirixido a toda a cidadanía e poden participar asociacións, centros de ensino, amigos, familias, etc. (podedes ler mais no web www.charcasconvida.org). O CES está a colaborar con esta iniciativa facendo seguimento da biodiversidade e das características físicas e químicas da Lagoa Bodeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario