VIII Limpeza Simultánea de Ríos O día 27 de setembro celebraremos a oitava edición da Limpeza Simultánea de Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados, e a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 619 672 038. Ou a través do e-mail: pacobanhobre@adega.gal quercus_sonora_reducida.jpgGrazas á colaboración de 54 entidades o pasado ano, retiráronse máis de 12 Tn. de lixo e participaron un total de 540 voluntarias/os de 43 concellos en 49 ríos en toda Galicia. O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde. Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VIII xornada de limpeza simultánea en ríos. Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartacesdivulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado. 27 de septiembre a las 17:35 a las 19:35 Aula da Natureza do río Miño Paseo fluvial de Oira S/N, 32001 Orense
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
jueves, 24 de septiembre de 2015
VIII Limpeza Simultánea de Ríos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario