Mostrando entradas con la etiqueta Aula de Natureza do río Miño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula de Natureza do río Miño. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de enero de 2014

o día dos humedais,

Ola a tod@s,
Co gallo da conmemoración do 43 aniversario do Convenio Ramsar, celebramos un ano máis o día dos humedais, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta e querémosvos convidar á realizar unha saída  polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense, para o domingo 2 de febreiro pola tarde.


Partiremos dende a Aula da Natureza do río Miño, ás 16:00 horas e tras un paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Miño, o  río Loña e  finalizaremos a nosa ruta no Barrio de "As Lagoas".

No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.

A data límite para anotarse será o venres día 31 de xaneiro pola tarde, por correo electrónico en:

aulanatureza@ourense.es

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net, ou ben nos teléfonos 988 510 781 -  988 374 318.

Recordade que debedes levar un calzado adecuado para camiñar, roupa de abrigo e/ou de choiva, auga para beber e, si tedes, prismáticos e cámara de fotos.

En resumo:
Data da saída: 2 de febreiro
Percorrido: polas ribeiras do Miño, do Loña e Barrio de "As Lagoas"
Lugar de inicio do percorrido: Aula de Natureza do río Miño; paseo fluvial de Oira s/n, Ourense
Hora de saída: 16:00 horas
Tempo estimado: unhas tres horas, ata as 19:00 horas
Contacto: nos correos: aulanatureza@ourense.es  ou   voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
              ou nos telefonos:  988510781  ou 988 374 318