Mostrando entradas con la etiqueta TERMALISMO (Centros de Educativos). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TERMALISMO (Centros de Educativos). Mostrar todas las entradas

martes, 29 de abril de 2014

TERMALISMO (Centros de Educativos)

Data inicio: 130/04/2014     Data fin: 10/06/2014
Descrición
Esta actividade consiste en dar a coñecer os distintos lugares termais de Ourense,que teñen a súa orixe nas profundidades da terra, que, atravesando as pequenas fisuras que o substrato de granito lle permite e adquirindo as propiedades dos minerais polos que pasa, chega á superficie.
Os romanos, grandes afeccionados a este tipo de mananciais, xa aproveitaron estas fontes como a testemuña o ara (altar) dedicado ás ninfas das augas das Burgas. Este lugar inicia un paseo termal que nos permite gozar dos principais surgencias do concello.
Seguindo o curso do Barbaña chegamos á Ponte do Milenio. Tras a obrigada parada nos seus miradoiros baixamos ata as Termas da Chavasqueira. Aquí podemos alugar unhas bicicletas ou continuar a pé. Seguimos polo paseo fluvial que nos leva ao Tinteiro e que pouco despois nos comunica con outro paseo asfaltado ao final do cal se encontran as augas das burgas do "Muiño da Veiga"

Algunha das súas carcterísticas: 
AS BURGAS
Mananciais de augas termais (67ºC) e mineromedicinales recomendadas para problemas de pel (dermopatías prurixinosas), reuma e artrite.

CHAVASQUEIRA
Situada na marxe dereita do río Miño no "Campo da Feira" cunha temperatura de 63ºC, esta auga están recomendadas para a reuma, artrite e afeccións da pel.

TINTEIRO
Fonte de augas termais, de uso gratuíto, a 500 metros das anteriores. Este manancial atrae agüistas de toda a península e de Portugal. Ámbito rehabilitado recentemente polo Concello, Recomendado para enfermidades da pel e cicatrices.

MUIÑO DÁ VEIGA
Gran piscina termal ao aire libre, de uso gratuíto, sita xunto ao "Muiño dá Veiga", nunha grande área recreativa, na zona de Quintela de Canedo. A tres quilómetros do Tinteiro polo paso peonil asfaltado da marxe dereita do río Miño.

OUTARIZ
As súas augas que saen a unha temperatura de 60º C están indicadas para reuma e artrite. Situada a 3 km da cidade, por un paseo termal que a través dunha pasarela se comunica coa outra beira do río, nun futuro dispoñerá dun balneario que contará con media ducia de piscinas termais.

A actividade divídese en duas partes:
Parte teórica (Na aula da natureza do río Miño)
Parte Práctica (Visita a unha das termas de Ourense.
Obxectivos

Poñer en común coñecementos, medios e actividades para conseguir a finalidade de interése xeral de desenvolvemento sostible do termalismo desde unha perspectiva territorial, turística, sanitaria, social, científica, cultural, medioambiental e hidromineral.
Promover a planificación, xestión integral e aproveitamento sostible dós recursos.
Contribuir a mellora da calidade do medio ambiente, á protección dos acuíferos e os xeorecursos termaies, a biodiversidade e a conservación e desenrrolo sostible dos recursos naturais e do medio rural.
Promocionar o desenvolvemento cultural local e os valores que favorezcan o desenrrolo endóxeno dos municipios termaies, así como a conservación do patrimonio histórico, arqueolóxico, archivístico e documental relacionado co termalismo.
Facilitar o aproveitamento racional dos recursos enerxéticos.

Destinatarios/as Alumnado de Educación
Lugar de realización A parte teórica realizarase na Aula da natureza do río Miño.Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización:  2014
Grupos non superiores a 25 persoas
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / aulanatureza@ourense.es)