Mostrando entradas con la etiqueta fiesta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fiesta. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de septiembre de 2014

10 anos da Aula da Natureza do río Miño

Este ano 2014 a Aula da natureza do río Miño cumpre dez anos. O 4 de outubro do 2004 inagurouse a Aula da natureza do río Miño, con fin de ter un punto de refencia no concello de Ourense na  educacion ambiental. Este concello leva postando estos 10 anos por concienciar, respetar e recollecer os nosos valores medio ambientais, ese é noso traballo, intentaremos facelo tan ben o mellor nos seguintes anos

   Para recarcar o noso compromiso vamos a celebrar o décimo aniversario convosco, realizando máis actividades de educación ambiental.
A celebración durará varios días  teremos distintas  actividades ambientais e culturais .
Actividades faranse na Aula en no resto do Concello de Ourense


10 anos da Aula da Natureza do río Miño
10X10=100 toda a educación ambiental desde a aula na cidade de Ourense

26 de setembro ás 20:00 horas charla de Luís Miguel Domínguez (Lobo Marley, na Aula da Natureza

27 de setembro ás 10:00 horas ,I xornada de anfibios e réptiles no outono,por Alberto Ribera Saeta experto en anfibios e réptiles. Saída desde a Aula da Natureza.

28 de setembro limpeza do río Miño e afluentes.@Auladanatureza sumase a o proxecto "Móllate polos ríos" d @ADEGAgz. Ás 11.00 na porta da Aula da natureza do río Miño. Brigada de limpeza con voluntarios de Ourense.

1 de outubro ás 21:00 observación de constelación Cisne(potenciando a ruta das constelacións) desde Reza polo Paseo das Ninfas, co apoio da AAO

3 de outubro  ás 20:00 bioconstrución "Autoconstruccion de cabana ecoloxica" charla por Carlos Miguelez

2 de outubro ás 9:30 ruta polo Miño desde a Aula da Natureza ata o Mosteiro de Santa Comba de Naves

4 de outubro, Día das aves, observación desde o Tinteiro por Bilurico

7 de outubro ás 16:30 horas charla e obradoiro de ecoloxía no outono por milfhor

? de outubro ás 9:30 ruta polo Miño desde a Aula da Natureza ata o Mosteiro de Santa Comba de Naves

martes, 1 de abril de 2014

MAIOS. NATUREZA E CIDADE (Centros Educativos

Data inicio: 01/04/2014 Data fin: 30/04/2014
Descrición Esta actividade está baseada na elaboración dun maio e composición de coplas co fin de coñecer a fondo unha das festas tradicionais que forman parte do noso contorno.
Propoñemos que os asistentes coñezan a tradición dos Maios e todo o proceso de elaboración de estes, mentres realizan un propio. Tamén coñecerán distintas cantigas tradicionais e de nova creación e comporán as súas propias coplas.
Todos os anos,o 3 de maio, celébrase na cidade de Ourense unha das festas con máis arraigo e máis tradicionais da provincia: a festa dos Maios. Esta festa foi declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia e cuxa orixe é a celebración da chegada da primavera.É unha celebración con moito colorido que, normalmente ao chegar acompañada do mes de maio e do bo tempo ,concentra a un gran número de visitantes que se achegan ás rúas máis céntricas da cidade, habitualmente á rúa do Paseo e da Alameda, para ver as distintas construcións que os barrios e asociacións da capital preparan durante os días anteriores.
Os Maios son construcións de flores e froitos, musgo, madeira, con formas moi diversas: cónicas, piramidais, figuracións etc...que celebra a chegada da primavera.
Organízase tamén un concurso para premiar os mellores Maios e complétanse coas tradicionais coplas e cantares que fan alusión aos acontecementos da cidade.
Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as persoas de todas as idades
Grupo: de 15 persoas
PeriodizaciónMartes do mes de abril
Horario de 16:00h a 17:30h
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 /aulanatureza@ourense.es