Mostrando entradas con la etiqueta montalegre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta montalegre. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de octubre de 2013

Roteiro por Montealegre para finalizar o proxecto “Movéndonos para o cambio”

Este mércores 30 de outubro, terá lugar un roteiro por Montealegre, ás aforas de Ourense. Esta actividade dará por finalizado o proxecto xuvenil “Movéndonos para o cambio” que Amigos da Terra Xuventude leva desenvolvendo durante estes dous últimos meses nas vilas de Ourense e Vigo.

O monte de Montealegre é un hábitat de influencia mediterránea, onde ademais, é posible a observación de anfibios e réptiles de tipo termófilo. Teremos a posibilidade de divisar como quedaron as zonas afectadas polos incendios que sufriu o lugar durante este verán, ademais de ver como se están recuperando as zonas que foron afectadas en veráns anteriores. Poranse en relevancia as necesidades de restauración e de conservación destas áreas. Por desgraza, tamén poderemos ver a existencia de vertidos de residuos sólidos urbanos ao longo do percorrido.

punto de encontro para o inicio do roteiro será o Xardín Botánico de Montealegre ás 17:00 h.
Destinatarios/as: todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.

Data e horamércores 30 de outubro, entre as 17:00 h e as 19:30 h.
Actividade gratuíta.

Se estás interesado/a en participar, envía a ficha de inscrición que aparece no final desta nova ou solicita máis información a:
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.