Mostrando entradas con la etiqueta telefono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta telefono. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de noviembre de 2013

APREDENDE A FACER OS TEUS XOGUETES (EP, ) VACACIÓNS DE NADAL.

Descrición
Actividade na que se pretende reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes.
Reciclaranse e faranse xoguetes con cousas para tirar.




Obxetivos
Coñecer as tres R: Reciclar, Reutilizar e Reducir.
Insistir sobre a importancia da redución de residuos (envases), Reutilización e Reciclaxe cando sexa posible dos residuos e tamén coñecer as fases da reciclaxe resaltando a importancia da separación en orixe.
Concienciar aos nenos e a os pais das vantaxes que ten a reciclaxe no medio ambiente.
Buscar outro uso para as cousas que non utilizamos.
Estimular os rapaces para que desenvolvan a súa imaxinación artística.

Destinatarios/as
alumnos e alumnas de EP
Grupos: Non superiores a 20 persoas
Periodización 23, 26 e 27 de decembro de 2013 e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2014
Horario: de 10:00 a 13:00h ou de 16:00 a 19:00h
Vacacións de Nadal

Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño
Achegas da Concellería de Educación:  material e persoal
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada(988510781 aulanatureza@ourense.es)



Inscrición do 1 ao 20 de decembro: Tasa 10 euros
Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
Non  se admitirán ingresos bancarios sen a inscrición previa na Aula da natureza.
Ingreso no número de conta de novacaixagalacia 2080 5251 40 3111391114
Concepto:aula da natureza. Obradoiro de nadal

Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)

viernes, 22 de marzo de 2013

Primeiras Xornadas Herpetolóxicas Ourensás: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.


Primeiras Xornadas Herpetolóxicas Ourensás: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.

Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza.
Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense.
Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país.




Como xa mecionamos as xornadas serán catro, unha cada duas semanas, entre os meses de abril e maio de 2013, con temática variada e unha duración aproximada de catro horas, se queredes podedes asistir a todas, ou somentes a aqulas na que estexades interesados.

Xornada 1:
Sábado 13 de abril de 2013 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).
Temática:"Ourense: capital herpetolóxica".
               Presentación de actividade.
               Fundamentos de herpetoloxía.
               Características básicas dos anfibios e réptiles.
               Os hérpetos como bioindicadores.

Saída práctica: Hérpetos do medio acuático e forestal ourensán.
                       Visitaremos as cuncas dos río Miño e Loña, así como diversas lagoas artificiais urbanas.
                       Especies invasoras e o seu impacto no medio ambiente.
                       Especies extintas hérpetos en Ourense.


Xornada 2:
Sábado 27 de abril de 2013 de 10 a 14 horas.
Punto de Encontro: Aula da Natureza do río Miño (Oira).
Temática: "Oasis ubanos", a importancia dos solares sin urbanizar e a xardinería para os hérpetos.
                 Impactos urbanos negativos para os anfibios e réptiles: Atropelos e destrucción de hábitats.
                 Traslocación de hérpetos.

Saída práctica: Hérpetos urbanos: Visitaremos solares e xardíns dos barrios de Oira e O Vinteún á procura das especies características do medio máis urbanizado da cidade de Ourense.
                          A importacia dos anfibios e reptiles no equilibrio ecolóxico das cidades.

Xornada 3:
Sábado 11 de maio de 2013 de 10 a 14 horas.
Punto de Encontro: Aula da do río Miño (Oira).
Temática: Hérpetos mediterráneos de Ourense.
               A influencia da climatoloxía nas especies de anfibios e réptiles.
               O impacto dos incendios forestais nas poboacións de anfibios e réptiles.

Saída:  Visitaremos Oira, As Eiroás e Valdorregueiro na procura das especies de hérpetos endémicas da Península Ibérica, e aquelas de maior tendencia mediterránea.



Xornada 4:
Sábado 25 de maio de 2013 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Parque de Montealegre.
Temática: "Hérpetos de mato e forestais"
                As ameazas para a supervivencia dos anfibios e réptiles en Ourense.
                A importancia das charcas temporais para os anfibios.

Saída: Montes do Cuco, Montealegre, O Perdigón e Monterrei.
          Impacto dos deportes de risco nas poboacións de anfibios e réptiles.
          A impronta dos anfibios e réptiles na cultura popular ourensá.
          Posta en común e fin de actividade.

A actividade é totalmente gratutita, para acudir é preciso anotarse con anterioridade chamando ao teléfono 988-51-07-81.
As xornadas están dirixidas a todo tipo de público, rapaces ou adultos, expertos ou totalmente profanos na temática das mesmas.