Mostrando entradas con la etiqueta xaneiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xaneiro. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de enero de 2014

SENDEIRISMO Sabado 25 de xaneiro de 2014 Fragas do Miño: Ourense-Toén

Percorrido circular.


Duración aproximada: 8 horas

Dificultade: Media - baixa

De interese:

Fragas da Ribeira do Miño, Castro de Louredo, conxuntos de grande interese etnográfico e cultural, vistas sobre gran parte da provincia (Arnoia, Allariz, Manzaneda, Ribeiro, Suído, A Cañiza), etc.

Organización:

Está concretado un cocido no Bar Pazos en Mugares, Toén. É unha saída á que non hai que levar moita mochila (só auga e froita) xa que o cocido será na metade da ruta. Logo da comida, todo é baixar.

Saída ás 9:15 do Pabellón dos Remedios (sen coches).

Para participar do cocido hay que anotarse antes das 20 horas do dia 20 (luns).
O precio non superará os 15 euros.

Mais información e inscripcións no club.

Club de montaña de Ourense. 

jueves, 26 de diciembre de 2013

Saída montañeira o 1 de xaneiro, Canóns do Sil-Serra de Cabeza de Meda


É costume nos paises con tradición “montañeira” subir nestas datas a unha montaña, a que quede máis perto de nós para celebrar a entrada do aninovo. O día 1 de xaneiro para aqueles e aquelas que vos apeteza a mañá cedo imos subir a Pena Rubia (ao cúmio da nosa árbore de nadal) que como ben sabedes está nos Canóns do Sil. Seguiremos a andaina ate o cúmio da Mallada Vella na Serra de Cabeza de Meda dende a que se ven as montañas máis altas de Galicia e norde de Portugal, vales do Sil e do Miño, terras da Limia e de Lemos, Val do Medo e do Arnoia…
Saída de Ourense ás 09:00 (Campus Universitario a carón da escultura do afiador) e voltaremos entre as 14 e as 15 horas, o que queira, poida e lle apeteza por nós pode voltar cando queira.

Data: *01 de xaneiro de 2014*


Saída 09:00h  dende a Campus de Ourense -Universidade de Vigo ao carón
da porta norte da Facultade de Ciencias de Ourense,
Avda Otero Pedraio no vial paralelo xunto ao aparcadoiro de bicis.
https://maps.google.es/maps?saddr=Av.+Otero+Pedrayo%2FC-535&daddr=Carretera+desconocida&hl=es&ll=42.345136,-7.857167&spn=0.005876,0.009645&sll=42.345223,-7.855563&sspn=0.001469,0.002411&geocode=FQcjhgIdkQ-I_w%3BFd4ihgIdxiKI_w&mra=dme&mrsp=1&sz=19&t=m&z=17

Volta ás 14:00h-15:00h 


Que levar: a comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, e calzado cómodo,
Tamén recomendamos prismáticos e cámara de fotos,
Ademais para repor forzas e brindar polo 2014, aconsellamos: doces de
nadal (turrón, roscóns, mazapans, bicas…) e algo para non desidratarse
(auga, viño da terra, sidra, cava…). ACONSELLABLE un chisco de forza
para camiñar e a voz limpa para cantar uns reises e botar uns aturuxos.


Animádevos e apuntádevos poñéndovos en contacto con Amigos da Terra:
988.37.43.18 ou no email:

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net