miércoles, 26 de enero de 2011

Dia de los humedales


Co gallo da conmemoración do 40 aniversario do Convenio Ramsar, dende a Aula da Natureza do río Miño querémosvos convidar á realizar unha saída ornitolóxica pola ribeira do río Miño ao seu paso polo concello de Ourense.

Seguindo as recomendacións emitidas pola SEO de este ano, que aconsellan facer fincapé na conservación e estudio da vexetación de ribeira para contextualizalo no presente ano 2011, o "ano dos bosques", faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación da vexetación de ribeira no contexto local.

A saída terá lugar o vindeiro sábado día 5 de febreiro de 2011. Partiremos ás 10 da mañá dende a Aula da Natureza do río Miño en Oira (Ourense), a pé, visitando as zonas termais da cidade (A Chavasqueira e Outariz), e observando as aves acuática invernantes na Depresión Ourensá, chegando ata o observatorio ornitolóxico de Untes, onde daremos volta, rematando a actividade entre as 18:30 e as 19:00 h.

Para aqueles que o desexen recoméndase o seguinte material:

Binóculos e caderno de campo.
Calzado cómodo.
Roupa de abrigo.
Bocadillo e bebida.

Aqueles que o desexen poderán facer uso dar termas públicas situadas en Outariz, polo que si queredes podedes traer toalla e bañador.

Para a volta existe servicio de transporte público, tanto bus urbán, coma o popular tren turístico das termas, cun prezo que oscila entre os 80 cents. e 1 E.

Para apuntarvos na actividade podedes chamar ao telf: 988 510781 ( Aula da natureza do río Miño) ou ao 988 605422 ( a atención de Alberto).
Ou ben enviando un correo a calquera das seguintes direccións:

aulanatureza@ourense.es.

lunes, 24 de enero de 2011

CASTAÑO, A HISTORIA DE OURENSE

CASTAÑO, A HISTORIA DE OURENSE / Colexios.
Data inicio: 01/02/2011 Data fin: 11/02/2011

Esta actividade constará dunha parte teórica e outra práctica.

1.º ACTIVIDADE: 60 minutos

Conferencias a cargo dun experto que exporá as características máis salientables destes produtos gastronómicos, a súa importancia ao longo da historia e os distintos usos que lles podemos dar e as distintas formas de cociñalos.

Obxectivos:

•O castiñeiro: A árbore, a súa madeira e usos.
•Dar a coñecer a importancia histórica destes produtos gastronómicos para a nosa cidade.
•Aprender distintas formas de manipulalos.
•Importancia económica
•O seu futuro
•O árbore en si
•O seu froito

2.º ACTIVIDADE: 100 minutos

Cestería tradicional do Castiñeiro.

Despois dos anos 60, o abandono das aldeas e como consecuencia as formas de vida rurais fan cambalear todas as artes tradicionais. A cestería cae no esquecemento, facendo a xente cada vez máis dependente dos cartos e inútil para fabricar utensilios ou ferramentas coas súas mans. De aí xorde o interese por este obradoiro de cestería en castañeiro para que as súas técnicas e trenzados permanezan entre nós e poidamos ser os novos herdeiros dun coñecemento ancestral.

Obxectivo:

Descubrir e aprender as técnicas de entrelazado de fibras vexetais flexibles como é a medula de castiñeiro.
O alumno verá como se fan as cestas e cestos de castiñeiro, como antano os cesteiros do norte de España.
Ao finalizar, o alumno terá confeccionado coas súas mans un peixe de vimbio que levará para a súa casa.

Programa:

+ O castiñeiro: A árbore, a súa madeira e usos.
+ Técnicas de trenzado.
+ Técnicas de peche.
+ Cestería tradicional de castiñeiro.

1.º SESIÓN: Presentación e explicación do uso do material e do traballo que se desenvolverá. Comezo do traballo.

2.ª SESIÓN: Traballo práctico.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Dirixido: Colexios.
Grupos: Non superior a 25 persoas
Periodización: 1 ao 11 do febreiro do 2011
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 150 minutos
Achegas da Concellería de Educación: Transporte
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

martes, 11 de enero de 2011

Semana de la miel

SEMANA DA MEL / Centros de Educación

Data inicio: 12/01/2011 Data fin: 31/01/2011

Charlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde nos explicarán a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición.

Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.

Obxectivo:

Traballar e aprender o marabilloso mundo das abellas.

Estudarase na colmea a recoñecer as abellas, como se reproducen e que actividades realizan, como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie.

Todo co fin de coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e tamén, por que non, poder obter o teu propio mel.

Coñecer as propiedades do mel, tanto nutricionais como terapéuticas: facilita a dixestión, laxante suave, propiedades sedantes.

1.º Parte: · Introdución á apicultura.

2.º Parte: · Transformación de produtos e subprodutos do mel

3.º Parte . Obradoiro. Crear a propia vela

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Dirixido: 10 colexios como máximo. A todas a idades educativas

Grupos: Non superior a 25 persoas

Periodización: 12 a 31 xaneiro do 2011

Horario: de 10:00 a 13:00

Duración: 100 min.

Achegas da Concellería de Educación: Transporte. Para centros do Concello de Ourense

Colabora: AGA. Asociación Galega Apicultores

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño

Teléfono: 988510781 / 988388136

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es