Mostrando entradas con la etiqueta Naturaleza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Naturaleza. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de octubre de 2013

Roteiro ambiental polo entorno natural de Cabo Silleiro e Serra da Groba

Este sábado 26 de outubro, dentro do marco do proxecto de iniciativas xuvenís “Movéndonos para o cambio” promovido por Amigos da Terra Xuventude, organízase un roteiro ambiental. Neste caso desprazarémonos ata o municipio de Baiona, onde poderemos desfrutar do entorno natural de Cabo Silleiro e da Serra da Groba.

É unha oportunidade única para coñecer mellor dous dos lugares ambientais máis significativos da provincia de Pontevedra. Poremos de relevancia a necesidade da conservación do territorio e a importancia da sensibilización ambiental, xa que con esta actividade poderemos observar a enorme problemática dos incendios sobre todo a raíz das riadas producidas nos últimos días, que danaron de forma moi importante a Serra da Groba.

Para iniciar o roteiro, que terá unha duración aproximada dunhas 3 horas, quedaremos o sábado ás 10 da mañá enfronte do Hotel Talaso Atlántico.

Destinatarios/as: todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.

Data e horasábado 26 de outubro, entre as 10:00 h e as 13:30 h.
Actividade gratuíta.

Se estás interesado/a en participar, envía a ficha de inscrición que se adxunta nesta mensaxe ou solicita máis información a:
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.