Mostrando entradas con la etiqueta amigos da terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amigos da terra. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de abril de 2014

PARTICIPA CON AMIGOS DA TERRA NA PROTECCIÓN DOS BOSQUES!

O sábado 19 de abril convidámoste a unha xornada de voluntariado ambiental na Serra de San Mamede
Centraremos as accións no ecosistema forestal próximo a As Corcerizas; espazo de gran riqueza faunística e de diversidade de especies vexetais.

Coa finalidade de seguir recuperando zonas degradadas e revalorizar os elementos singulares, realizaremos as seguintes actividades:
- Mellora do bosque comestible
- Deseño do “roteiro da fraga das lendas” e localización do miradoiro
- Construción dunha ponte sobre o río da lagoa
 Facebook As Corcerizas

Participa!

Apúntate escribindo un correo a voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
ou contactando no 988 374 318, local de Amigos da Terra en Ourense.
Horario: 11h. a 19h.; saída de Ourense ás 10
 www.ascorcerizas.com | www.amigosdaterra.net

Faite soci@ de Amigos da Terra
Ángel Dorrío

Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense
Teléfono e Fax [+34] 988 374318
angel.dorrio@amigosdaterra.net
www.amigosdaterra.net

miércoles, 20 de noviembre de 2013

ENCONTRO DE GRUPOS DE CONSUMO EN AS CORCERIZAS!


30 novembro-01 decembro

Continuado a súa labor a prol da soberanía alimentaria, Amigos da Terra organiza durante a fin de semana do 30 de novembro e 01 de decembro un Encontro de Grupos de Consumo, dúas xornadas de intercambio de experiencias nas que produtores ecolóxicos e integrantes de varios grupos de consumo galegos nos achegarán a realidade e o funcionamento deste modelo de alimentación consciente e sustentable. Qué son os grupos de consumo, cómo poden xestionarse e cáles son os seus principais retos de futuro, son algúns dos temas que trataremos. Ademais, realizaremos varios obradoiros prácticos, cos que avanzaremos no eido da autoproducción alimentaria.

Para máis información e inscricións consulta a web de As Corcerizas.

Un saúdo!

--
Faite soci@ de Amigos da Terra
Laura Casal Guillán
Cooperación
Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa Velázquez Moreno, 9 - 2º 36201 Vigo
Tel. [+34] 986 229 089
cooperacion@amigosdaterra.net

jueves, 24 de octubre de 2013

Roteiro ambiental polo entorno natural de Cabo Silleiro e Serra da Groba

Este sábado 26 de outubro, dentro do marco do proxecto de iniciativas xuvenís “Movéndonos para o cambio” promovido por Amigos da Terra Xuventude, organízase un roteiro ambiental. Neste caso desprazarémonos ata o municipio de Baiona, onde poderemos desfrutar do entorno natural de Cabo Silleiro e da Serra da Groba.

É unha oportunidade única para coñecer mellor dous dos lugares ambientais máis significativos da provincia de Pontevedra. Poremos de relevancia a necesidade da conservación do territorio e a importancia da sensibilización ambiental, xa que con esta actividade poderemos observar a enorme problemática dos incendios sobre todo a raíz das riadas producidas nos últimos días, que danaron de forma moi importante a Serra da Groba.

Para iniciar o roteiro, que terá unha duración aproximada dunhas 3 horas, quedaremos o sábado ás 10 da mañá enfronte do Hotel Talaso Atlántico.

Destinatarios/as: todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.

Data e horasábado 26 de outubro, entre as 10:00 h e as 13:30 h.
Actividade gratuíta.

Se estás interesado/a en participar, envía a ficha de inscrición que se adxunta nesta mensaxe ou solicita máis información a:
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

viernes, 4 de octubre de 2013

Voluntariado con amigos da terra

Ola a todas/os,

Organizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o 4 ata o 6 de outubro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas: construción dun valado de madeira para unha horta,  e proxeccion de documentais ambientais....e para completar a xornada compartindo experiencias, organizaremos dous cursillos de cosmetica ecoloxica e pan artesán.
voluntariado_corcerizas
O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo.
Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verdurillas para a cea do vernes e sábado (a pasta e arroz a poñemos nos)

Chegada o venres ás 18:00 pola tarde saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Se queres axudar e ser participe con nós, podes enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o voso apoio.

  voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
  988 374 318

Poremonos en contacto con vos para concretar horarios, desprazamento...


Moitas grazas
Esperamosvos na Serra!



Faite soci@ de Amigos da Terra
Ángel Dorrío

Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa do Progreso, 91 - Galerías Proyflem, entreplanta local 9B - 32003 Ourense
Tel./Fax [+34] 988 374318
angel.dorrio@amigosdaterra.net
www.amigosdaterra.net