As ribeiras dos nosos ríos son espazo de refuxio e alimento duns mamíferos que poucas veces se poden ver: os morcegos. Coa intención de achegarnos ao mundo destes descoñecidos mamíferos nos entornos fluviais, Proxecto Ríos e Drosera organizan para o 20 de outubro unha xornada na Aula de O Rexo e Allariz.
O encontro “Participación social e a conservación dos morcegos nos ecosistemas fluviais” realizarase na tarde do sábado 20 de outubro. O obxectivo da mesma é dar a coñecer a importancia dos quirópteros fluviais e sobre todo descubrir qué podemos facer cada un de nós para axudar na súa conservación.
Contaremos cunha charla sobre os morcegos e unha mesa redonda na que se presentarán diferentes iniciativas de estudo, conservación e voluntariado con estes interesantes mamíferos. Ao final do día haberá unha saída de campo para identificación de morcegos.
Programa:
16.30 Presentación
Virginia Rodríguez. Coordenadora do Proxecto Ríos
Roberto J. Hermida. Drosera
16.40 Charla-debate
Importancia dos ecosistemas fluviais para os morcegos Roberto J. Hermida. Drosera
18. 00 Mesa redonda
Persoas que custodian morcegos Roberto J. Hermida. Drosera
Programa de seguemento de morcegos Quirorius Lídia Freixas Mora. Museo de Granollers
Modera: Ramsés Pérez. Proxecto Ríos
19.30 Merenda-cea
20.00 Observación e escoita de morcegos durante a actividade nocturna
Actividade gratuita e prazas limitadas. Traer lanterna e bocata
Inscricións: tlf 616 238 050 (Ramsés) email: ramses@adega.info
Iniciativa: ADEGA
Organiza: Proxecto Ríos e Drosera
Promove: Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia
Colabora: Reserva da Biosfera Área de Allariz e Centro de Educación Ambiental O Rexo.
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
martes, 16 de octubre de 2012
lunes, 15 de octubre de 2012
martes, 25 de septiembre de 2012
OBSERVACIÓN DE AVES DESDE O TINTEIRO
OBSERVACIÓN DE AVES DESDE O TINTEIRO
Con motivo da celebración do "Día mundial das aves" 2012,o día 6 de outubro, realizarase unha actividade de observación de aves desde o lugar de O Tinteiro, situado na beira dereita do río Miño en...Ourense.
Ensinarase cómo utilizar prismáticos e telescopios, a identificación das aves e observaranse aquelas mais típicas do entorno do río Miño. O horario da actividade é de 10:00 a 14:00 ...
A Aula da natureza do río Miño da Concelleria de Educación pon en marcha este proxecto coa colaboración da Concelleria de Medio Ambiente
Lugar: Tinteiro
Dirixido: A persoas de todas as idades
Periodización: 6 de outubro do 2012
Horario: de 10:00 a 14:00
Duración: 240 min
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136

Suscribirse a:
Entradas (Atom)