Curso da Universidade Popular do Concello de Ourense
Curso nº 61 COÑECE AS AVES DE OURENSE. ORNITOLOXÍA (30 h)
Datas: do 2 de febreiro ao 8 de marzo de 2016
Horario: martes e xoves, de 10:30 a 13:30 h
Lugar: Aula da Natureza do Río Miño - Oira.
Imparte: Raúl Fernández González, Licenciatura en Ciencias ambientales, Gestión ambiental1998 – 2003 Universidad de León, fundador e responsable de Bilurico | Gestión, Interpretación y Educación Ambiental, Ornitólogo
NORMAS DESTINATARIOS Poboación adulta de Ourense, maior de 16 anos, sen límite de idade.
PRAZO DE PREINSCRICIÓN .......... con preferencia na orde de entrada da solicitude á hora de ter praza. A orde de selección será, ademáis da orde de entrega e estar empadroados no Concello de Ourense, a seguinte:
1º. Parados, xubilados e amas de casa, que acreditarán esa condición coa documentación que se lle solicite dende a Concellería de Educación no momento de formalizar a matrícula.
2º. Estudantes, que acreditarán esa condición coa fotocopia de matrícula universitaria, de bacharelato ou FP, no momento de formalizar a matrícula.
3º. Traballadores en activo, que só terán que entregar o resgardo de matrícula de 33€, no momento de confirmación da admisión.
PREINSCRICIÓN •A preinscrición será online a través da web da Concellería www.educacionourense.com, cubrindo un formulario, que se colgará na web o día 1 de outubro ás 09:00 h, e recibindo un PDF de confirmación, co número de rexistro, data e hora da mesma.
•De ter algunha dificultade á hora de prenscribirse a través de Internet, poderase acudir á Concellería de Educación (Praza de San Martiño 2, 1º), en horario de 09:00 h a 14:00 h ou á Oficina de Atención ao Cidadán (Praza Sta Eufemia 6, baixo), en horario de 16:00 h a 20:00 h.
•Poderanse inscribir nun máximo de CATRO accións formativas.
•Non se poderán cambiar os cursos elixidos na solicitude de preinscrición, despois do 30 de outubro de 2015.
•No caso de que unha mesma persoa presente unha segunda solicitude de preinscrición, quedará informáticamente eliminada esta segunda solicitude, valendo só a primeira. UP 15-16.indd 2 21/9/15 10:15 03 MATRÍCULA
• 33 € (no momento de confirmación de admisión, durante o mes anterior ao comenzo de cada actividade se lles notifica a admisión ás persoas que teñen praza)
• Unha vez formalizada a matrícula, non se devolverá o importe da mesma (agás no caso de anulación do curso por motivos organizativos).
* No caso dos obradoiros de artesanía o alumnado correrá tamén cos gastos de material.
* No caso dos cursos “Cata de Viños”, ”Cociña vexetariana” e “Tapas, pinchos e canapés”, os custos das materias primas e as consumicións serán asumidos polo grupo de alumnos, a maiores da matrícula.
* No caso dos cursos de Teleformación on Line será necesario que o alumnado dispoña de ordenador propio e conexión a Internet; xa que se trata de cursos non presenciais. PARA OBTER O DIPLOMA ACREDITATIVO SERÁ NECESARIO ASISTIR AO 85% DAS HORAS TOTAIS DO CURSO No caso dos cursos on line, obter o diploma acreditativo dependerá da superación do curso, mediante informe de avaliación do profesorado.
adjunto el pdf de donde viene el curso.
http://www.educacionourense.com/Educacion/actividades/158/UNIVERSIDADE_POPULAR
file:///C:/Users/USUARIO/Downloads/Cursos%20universidad%20popular.pdf