Mostrando entradas con la etiqueta aula da natureza do río Miño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aula da natureza do río Miño. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de abril de 2015

O Ano Internacional da Luz

http://www.luz2015.es/agenda.php


A Aula da natureza do río Miño, a Facultade de Ciencias de Ourense e 
a AAO convídante á conferencia "2015 Ano Internacional da Luz e as 
tecnoloxías baseadas na luz" e logo a observación das estrelas
O 20 de decembro de 2013, a Organización das Nacións Unidas (ONU), na 
súa 68ª Asemblea Anual proclamou 2015 como o Ano Internacional da Luz 
e as Tecnoloxías baseadas na Luz.




O Ano Internacional da Luz pretende comunicar á sociedade a 
importancia da luz, e as súas tecnoloxías asociadas, no mundo actual 
en áreas tan importantes como a enerxía, a educación, a saúde, a 
comunicación, etc.

A misión deste portal, constituído polo Comité Español para a 
celebración do Ano Internacional da Luz e xestionado pola Sociedade 
Española de Óptica é difundir todas as actividades e materiais que 
vaian aparecendo para a conmemoración deste ano.

Obxectivos:

Mellorar o coñecemento da sociedade de como a luz e as súas 
tecnoloxías relacionadas afectan á vida cotiá e son esenciais para o 
futuro desenvolvemento da Humanidade.

Desenvolver a capacidade educativa mediante actividades orientadas á 
difusión da cultura científica entre a mocidade en todo o mundo.

Aumentar a cooperación internacional.

Difundir os descubrimentos dos séculos XIX e XX que demostraron a 
importancia fundamental da luz na ciencia e o desenvolvemento 
científico.

Destacar a importancia da investigación e fomentar vocacións 
científicas no ámbito da luz e as súas aplicacións.

Promover a importancia da tecnoloxía da iluminación no 
desenvolvemento sostible e na mellora da calidade de vida nos países en 
vías de desenvolvemento.

Dar a coñecer a profunda relación que existe entre a luz, a arte e a 
cultura, así como fortalecer o papel das tecnoloxías ópticas na 
preservación do patrimonio cultural.

Conseguir que os logros e obxectivos anteriores perduren no tempo máis 
aló de 2015.

Relator: Prof. Dr. Humberto MichinelOptics Lab. Universidade de Vigo e 
AAO

Organiza:Aula da natureza do río Miño, Facultade de Ciencias de 
Ourense e AAO

Lugar: Aula da natureza do río Miño

Data: 17 de abril de 2015

hora: charla as 20:30 e 21:30 observación de estrelas

lunes, 18 de noviembre de 2013

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS / Fin de seman

Descrición
No campo da interpretación ambiental, presentamos unhas rutas interpretativas na natureza , a pé ou de bicicleta, coa finalidade dun maior coñecemento do medio a través da súa fauna, flora, paisaxes,etc., procurando ao tempo o divertimento dos participantes.
A actividade que presentamos é a denominada “Ruta ciclointerpretativa do río Miño”.

A actividade proposta consiste nun itinerario guiado en bicicleta, utilizando os camiños que percorren as marxes do río Miño na cidade de Ourense. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves.

Os puntos de partida e as opcións de percorrido poden ser varias:

Saída desde Aula da natureza do río Miño ata Outariz pola marxe esquerda do río, seguiríase despois polo camiño a Untes ata o primeiro observatorio de aves -polo menos- e regreso cara á pasarela de Oira pola marxe dereita do río.

A duración aproximada do percorrido sería de 3 a 4 horas, unha mañá; e a época de realización, calquera é válida, aínda que a maior variedade de avifauna se dá no outono e inverno (desde finais do verán a principios de primavera).

Obxectivos
Potenciar o uso da bicicleta como transporte alternativo e como medio de transporte nunha actividade de interpretación.
Fomentar o respecto pola natureza a través do seu coñecemento (neste caso, aspectos ligados ao río Miño como a súa flora, fauna, etc.)
Dedicar unha especial atención á rica variedade de aves presentes no contorno do río Miño e achegar o uso de instrumentos de observación como os prismáticos e os telescopios.

Marterial
Contamos cun parque de 16 bicicletas tipo treking dotadas con cestas, portavultos e alforxas. Tamén se lle proporcionará a cada participante un casco e uns prismáticos,e 2 telescopios para a observación de aves.
Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as: A persoas de todas as idades
Grupos: Non superior a 15 persoas
Temporalización: 23 de novembro de 9:45 a 13:45h.
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada ( 988510781/ aulanatureza@ourense.es )