jueves, 24 de septiembre de 2015

VIII Limpeza Simultánea de Ríos



VIII Limpeza Simultánea de Ríos

O día 27 de setembro celebraremos a oitava edición da Limpeza
Simultánea de Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á
sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados, e
a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos
fluviais.

Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado
en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57
00 99 / 619 672 038. Ou a través do e-mail: pacobanhobre@adega.gal
quercus_sonora_reducida.jpgGrazas á colaboración de 54 entidades o
pasado ano, retiráronse máis de 12 Tn. de lixo e participaron un total
de 540 voluntarias/os de 43 concellos en 49 ríos en toda Galicia. O
máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco
máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de
residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a
VIII xornada de limpeza simultánea en ríos.
Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos
participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e
respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces
divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado. 27 de septiembre a las 17:35 a las 19:35 Aula da Natureza do río Miño Paseo fluvial de Oira S/N, 32001 Orense

miércoles, 9 de septiembre de 2015

Presentación do recén publicado libro "El dilema de Spallanzani",




Presentación do recén publicado libro "El dilema de Spallanzani",

Roberto Hermida, Doutor en Bioloxía pola USC, membro da asociación conservacionista Drosera e experto en morcegos.

Fará unha presentación do recén publicado libro "El dilema de Spallanzani", que parte dos experimentos realizados por Spallanzani sobre orientación dos morcegos para contar experiencias vividas no campo e anécdotas derivadas do estudo destes mamíferos voadores.

Será o venres 9 de outubro ás 20:00 horas na aula da natureza do río Miño, Paseo fluvial de Oira s/n

A actividade é aberta e de balde. Así todo, e xa que o aforo é limitado, 50 persoas

alberto el bichero