Data inicio: 24/03/2014 Data fin: 26/03/2014
Descrición
Desde a Aula da natureza do río Miño realizarase unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos Miño, Loña e Barbaña. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos da cidade por parte dos centros con persoal especializado.
O 14 de marzo, celébrase o Día dos ríos, a auga e a vida. É xa a súa décimo terceira edición. En moitas cidades e países do mundo a xente manifestarase reivindicando a protección dos ríos e da auga.
Desenvolveranse xornadas de sensibilización e educación ambiental entre escolares.
As actividades consistirán na análise da calidade das augas e na limpeza do leito e ribeira
Obxectivos
- Coñecer e actuar para conservar os ríos
- Dar a coñecer aos alumnos dos centros educativos da cidade os valores ambientais dos ríos Miño, Loña e Barbaña.
- Animar aos escolares a participar na súa conservación
Destinatarios/as : Alumnado de 3º ciclo de EP, ESO e Bacharelato
Periodización:
Horario: de 10:00 a 13:00h
Duración: 120 min
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada( 988510781 / aulanatureza@ourense.es)
No hay comentarios:
Publicar un comentario