jueves, 20 de marzo de 2014

PASEOS POLA RIVEIRA DO MIÑO EN BICICLETA (Fin de Seman)


Data inicio: 22/03/2014     Data fin: 22/03/2014
Descrición
A actividade proposta denomínase "Ruta ciclointerpretativa do río Miño" consiste nun itinerario guiado en bicicleta utilizando os camiños que percorren as marxes do río Miño na cidade de Ourense. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves.
O percorrido sería:Saída desde Aula da natureza do río Miño ata Outariz pola marxe esquerda do río, seguiríase despois polo camiño a Untes ata o primeiro observatorio de aves, e regreso á Ponte Romana, pola marxe dereita do río. A duración aproximada do percorrido sería de 3 a 4 horas, unha mañá ou unha tarde; e a época de realización, calquera é válida, aínda que a maior variedade de avifauna se dá no outono e inverno (desde finais do verán a principios de primavera.
Obxectivos
  • Potenciar o uso da bicicleta como transporte alternativo e como medio de transporte nunha actividade de interpretación.
  • Fomentar o respecto pola natureza a través do seu coñecemento (neste caso, aspectos ligados ao río Miño como a súa flora, fauna, etc.)
  • Dedicar unha especial atención á rica variedade de aves presentes no contorno do río Miño e achegar o uso de instrumentos de observación como os prismáticos e os telescopios.
Destinatarios/as 
Grupo: de 16 participantes por grupo.
Periodización 22 de marzo do 2014
Horario de 10:00 a 13:30h

ObservaciónsContamos cun parque de 16 bicicletas tipo treking dotadas con cestas, portavultos e alforxas. Tamén se lle proporcionará a cada participante un casco e uns prismáticos, contamos tamén con 2 telescopios para a observación de aves. 
Coordinador Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / aulanatureza@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario