martes, 1 de abril de 2014

II XORNADAS HERPETOLÓXICAS OURENSÁS: Ourense capital herpetolóxica de Galicia./ Fin de seman

Data inicio: 26/04/2014     Data fin: 31/05/2014
 Xornadas Herpetolóxicas Ourensás: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.  
Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza.  Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense.  Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país.  Como xa mecionamos as xornadas serán catro, unha cada duas semanas, entre os meses de abril e maio de 2014, con temática variada e unha duración aproximada de catro horas, se queredes podedes asistir a todas, ou somentes a aqulas na que estexades interesados.  

Xornada 1:
Sábado 26 de abril de 2014 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).
Saída práctica: Monte comunal a Granxa

Xornada 2:
Sábado 10 de maio de 2014 de 10 a 14 horas.
Punto de Encontro: Aula da Natureza do río Miño (Oira).
Saída:  Vilar da tres

Xornada 3:
Sábado 31 de maio de 2014 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da Natureza do río Miño
Saída: , Montealegre-Monterrey

A actividade é totalmente gratuíta, para acudir é preciso anotarse con anterioridade chamando ao teléfono 988-51-07-81.
As xornadas están dirixidas a todo tipo de público, infantil ou adulto, expertos ou totalmente profanos nesta temática.

No hay comentarios:

Publicar un comentario