Medio centenar de centros educativos de Galicia recibiron material cartográfico para participar no programa de innovación educativa ‘Sustentabilidade e paisaxe’
O obxectivo desta iniciativa é ensinar aos alumnos a mirar e observar a paisaxe cunha sensibilidade especial para poder apreciar os aspectos positivos da mesma e concienciarse da necesidade de conservar o medio ambiente
Os case 400 profesores participantes son os encargados de promover a implicación activa do alumno, co fin de acadar un papel activo na sociedade
No mapa sinálanse os colexios que forman parte desta iniciativa, así como un cadro co listado destes
No mapa sinálanse os colexios que forman parte desta iniciativa, así como un cadro co listado destes
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014.- Un total de 44 centros da Comunidade galega participan no programa de innovación educativa Sustentabilidade e paisaxe, que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto de Estudos do Territorio. O IET vén de enviar material cartográfico co que traballar e establecer actividades relacionadas coa paisaxe, co obxectivo de poñer en marcha propostas de aula, con carácter innovador, no que a paisaxe se incorpore como obxecto de aprendizaxe, co fin de formar e concienciar ao alumnos no seu papel de voluntarios da paisaxe.
Trátase dunha iniciativa na que preto de 6.000 alumnos galegos adquirirán coñecementos sobre a súa capacidade de ler e interpretar a paisaxe dende unha mirada interdisciplinar, en función das súas idades (infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP). Outra cifra que avala o éxito desta experiencia é a implicación de 370 docentes, un 55% máis respecto do curso anterior, responsables de 323 aulas, que promoven un total de 44 proxectos.
O profesorado é o encargado de promover unha participación activa do alumnado, vencellando os coñecementos curriculares cos espazos próximos cotiás, estimulando o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais e proporcionando ao alumnado un rol activo na sociedade. Estas tarefas teñen por obxectivo conseguir que o alumnado:
• Se sinta protagonista e aprenda ao seu ritmo.
• Se enganche por medio da investigación lúdica.
• Sinta e exprese as emocións e sentimentos fronte á paisaxe.
En definitiva, proporcionar ferramentas básicas para espertar o interese pola paisaxe e a interpretación da evolución do territorio.
O persoal do Instituto de Estudos do Territorio realizaron varias visitas técnicas, para asesorar e expoñer os criterios xerais para o desenvolvemento dos proxectos de cada centro e resolver dúbidas.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do IET, segue apostando pola educación ambiental, e sobre todo por incorporar a paisaxe ao currículo educativo. Nese sentido, traballase activamente na xeración de coñecemento, a través da cartografía, para ser conscientes dos valores das paisaxes de Galicia, xa que unha das principais características de Galicia é a súa riqueza paisaxística.
O obxectivo non é outro que ensinar ao alumnado a mirar a paisaxe, dun xeito especial para poder apreciar a súa relación e dependencia coa súa contorna e valorar os aspectos positivos do mesmo, para así concienciarse da necesidade de conservar o medio ambiente.
En definitiva, ler a paisaxe propia para interpretar a historia e redactar o futuro, nos eidos da eficiencia ambiental e a cohesión social.
http://www.cmati.xunta.es/novas?content=nova_estandar0005.html
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Mostrando entradas con la etiqueta de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta de Galicia. Mostrar todas las entradas
lunes, 28 de abril de 2014
Medio centenar de centros educativos de Galicia recibiron material cartográfico para participar no programa de innovación educativa ‘Sustentabilidade e paisaxe’
Etiquetas:
‘Sustentabilidade e paisaxe’,
cartográfico,
centena,
centros educativos,
de,
de Galicia,
educativa,
innovación,
material,
medio,
no,
para,
participar,
programa,
r de,
recibiron
martes, 1 de abril de 2014
II XORNADAS HERPETOLÓXICAS OURENSÁS: Ourense capital herpetolóxica de Galicia./ Fin de seman
Data inicio: 26/04/2014 Data fin: 31/05/2014
Xornadas Herpetolóxicas Ourensás: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.
Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza. Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense. Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país. Como xa mecionamos as xornadas serán catro, unha cada duas semanas, entre os meses de abril e maio de 2014, con temática variada e unha duración aproximada de catro horas, se queredes podedes asistir a todas, ou somentes a aqulas na que estexades interesados.
Xornada 1:
Sábado 26 de abril de 2014 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).
Saída práctica: Monte comunal a Granxa
Xornada 2:
Sábado 10 de maio de 2014 de 10 a 14 horas.
Punto de Encontro: Aula da Natureza do río Miño (Oira).
Saída: Vilar da tres
Xornada 3:
Sábado 31 de maio de 2014 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da Natureza do río Miño
Saída: , Montealegre-Monterrey
A actividade é totalmente gratuíta, para acudir é preciso anotarse con anterioridade chamando ao teléfono 988-51-07-81.
As xornadas están dirixidas a todo tipo de público, infantil ou adulto, expertos ou totalmente profanos nesta temática.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)