A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Mostrando entradas con la etiqueta Xures. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xures. Mostrar todas las entradas
jueves, 2 de mayo de 2013
viernes, 26 de abril de 2013
PASEO DE PRIMAVERA 2013
PASEO DE PRIMAVERA 2013 .AFORO COMPLETO
Data inicio: 28/04/2013 Data fin: 26/05/2013
Descrición
A finalidade da actividade é educativo-cultural,constará na realizacíon a pé de tres rutas previamante seleccionadas.
Na elección teranse en conta factores ambientales, paixasísticos e culturais, ademais que o percorrido das rutas sexa o máis asequible posible para os participantes. Os paseos serán realizadas de xeito tranquilo e relaxado procurando que os participantes disfruten do entorno e se identifiquen con el.
Obxetivos
Achegar as persoas participantes aso coñecemento e disfute do entorno natural, paisaxístico e cultural de distintos lugares da provincia
Fomentar hábitos e comportamientos respetuoso co entorno
Favorecer relacións de amizade e camaradería entre os participantes
Rutas
28- 4 -2013 Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Visitaremos a aldea de Olelas, cunhas das mellores vistas do Parque Natural, así como do Parque Nacional portugués de Peneda-Gerés. Faremos un pequeno recorrido dentro do barranco de Olelas, onde pastan as vacas cachenas, especialmente adaptadas a ese entorno; tamén hai un interesante patrimonio etnográfico. Distancia 3 km., dificultade baixa. Despois dun xantar en Entrimo daremos un pequeno paseo nas proximidades da fronteira de Ameixoeira.
12-5-2013 Parque Natural Montes do Invernadoiro: ruta da Acebeda. O interese do Parque Natural Montes do Invernadoiro débese fundamentalmente a que, por un lado, é o espazo natural galego onde a actividade humana está máis restrinxida, o que permite a observación de animais como cervos, corzos, martas, lobos, gato montés, etc., con relativa facilidade; e por outro lado, á existencia dunha paisaxe glaciar de gran valor. Aínda que esta paisaxe herdada das glaciacións do Cuaternario ten as súas mellores manifestacións nas zonas do espazo vedadas ao público en xeral, esta ruta pasa practicamente á beira dun antigo glaciar. Faremos unha variante que evita realizar a ruta completa pero chega aos lugares de maior interese. Distancia 6,5 Km. Dificultade baixa. Despois dun xantar en Campobecerros volveremos ó Parque Natural para coñecer outros aspectos deste singular espazo natural.
26 -5- 2013 Ruta Xares-Lagoa do Celo. A ruta discorre dentro do coto de caza de Xares, onde poderemos contemplar cervos en semiliberdade, unha paisaxe de orixe glaciar de gran beleza e unha vexetación diversa, entre a que destaca a presenza de hábitats subalpinos. Distancia total 14,5 km., dividida en dúas etapas con xantar campestre polo medio. Altitude 1000-1530. Dificultade media. Para os máis valentes existe a posibilidade de achegarse ata o cumios da Serra Calva, desde onde se contempla unha das mellores vistas do macizo de Pena Trevinca : so uns 2 km. máis (e 200 m. máis en altura). Pola altitude recordade o uso de protección solar.
Destinatarios Persoas de todas as idades/ AFORO COMPLETO
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 /aulanatureza@ourense.es)
FORMA DE PAGO: aforo completo
Inscrición a partir do A1 de abril: Tasa 10 euros os tres paseos.
Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
Non se admitirán ingresios bancarios sen a inscrición previa na Aula da natureza.
lunes, 25 de abril de 2011
VOLUNTARIADO AMBIENTAL EN ESPAZOS NATURAIS
VOLUNTARIADO AMBIENTAL EN ESPAZOS NATURAIS
É un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Trátase dun programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.
Desenvolverase nas dúas seguintes localizacións: Baixa Limia – Serra do Xurés e Macizo Central – Serra de San Mamede.
ACTIVIDADES A DESENVOLVER:
- Limpeza de ríos.
- Impactos na fauna das liñas de alta e media tensión.
- Avaliación da rede de sendeiros interpretativos do parque.
- Outras.
DATAS DE REALIZACIÓN SERRA DO XURÉS:
Maio: do 6 ao 8; do 13 ao 15, ao 20 ao 22 e do 27 ao 29.
Xuño: do 3 ao 5 e do 10 ao 12.
Cada quenda contará cun máximo de 20 persoas voluntarias.
DATAS DE REALIZACIÓN SERRA DE SAN MAMEDE:
Abril: do 29 ao 1 maio.
Maio: do 13 ao 15.
Xuño: do 17 ao 19, e do 24 ao 26.
Cada quenda contará cun máximo de 25 persoas voluntarias.
AMBOS PROGRAMAS INCLÚEN:
- Aloxamento e pensión completa en albergue.
- Programa de actividades e monitores.
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
- O desprazamento ata o albergue será por conta dos participantes.
CONDICIÓNS XERAIS:
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.
Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da webhttp://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=40 , ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)