Mostrando entradas con la etiqueta primavera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primavera. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de octubre de 2014

PASEOS OUTONO 2014 cada un dos paseos costara 10 euros



Unha temporada mais organizamos esta actividade, escollendo sempre os máis interesantes lugares da provincia, tendo en conta, xunto ós valores culturais, o interese biolóxico e xeolóxico, que se manifesta finalmente nunhas paisaxes espectaculares, e tratándose desta estación, eses recunchos onde a riqueza cromática da follaxe outonal é máis intensa.

         En canto ó desenvolvemento das andainas, insistimos en que máis que realizar unha actividade física (para a que non seria necesario desprazarnos de Ourense) buscamos as vantaxes dun paseo tranquilo nun escenario agradable e en contacto coa natureza. Na nosa vida cotiá, a présa, o estrés, a ansiedade estimulan a secreción de hormonas ou neurotransmisores como a adrenalina, a noradrenalina ou o cortisol que preparan o noso corpo para enfrontarnos a un perigo ou para a fuxida, pero reducen a actividade doutros aspectos da nosa actividade metabólica tamén importantes para o noso equilibrio, como o sistema inmunolóxico. Se a situación se prolonga no tempo, algo habitual na nosa sociedade competitiva (en máis en situacións de crise económica e social como a actual), a nosa saúde física, ou no plano psicolóxico, as nosas capacidades afectivas, poden resentirse. Por iso deseñamos a actividade tratando precisamente de romper con esa dinámica, buscando razóns para deternos, para identificarnos co entorno, para respirar máis profundamente, para descansar das nosas preocupacións, convencidos de que si así o facemos afrontaremos con máis valor as dificultades que nos presente a vida despois de volver a Ourense.

 *     Vilaseco da Serra-Igrexa de Vilardemilo (Viana do Bolo) : despois dunha primeira parte do seu recorrido modelado polos xeos, o río Bibei xira bruscamente cara o oeste formando un profundo canón de ata 500 m. de profundidade, ocupado por reboleiras e soutos pero tamén con amplas zonas de matogueiras e pasteiros e aldeas que se asoman ó precipicio. Altitude 1185-1074 m. Dificultade baixa. Despois de xantar en Viana do Bolo daremos un pequeno paseo nas proximidades da aldea de A Ermida, cunha frondosa vexetación e impresionantes vistas. Boa parte do entorno forma parte do LIC (Rede Natura) de Pena Trevinca.

 *     Miradoiro da Quinta (Padrenda) : estas ladeiras, que baixan desde o planalto (penechaira) do Laboreiro, na fronteira de Portugal, cara o val do río Miño foron modeladas polos glaciares e están cubertas na actualidade de bosques practicamente inaccesibles. Este entorno, o oeste da Serra do Aguillón, forma parte do espazo da Rede Natura Baixa Limia-Serra do Xurés. Distancia 6 km. Dificultade baixa. Altitude 750-600 m. Despois de xantar faremos un anaco da “Ruta dos Muíños”, que discorre nas marxes do río de Esmoriz.

 *     Hedrada (Vilariño de Conso) : unha das localidades máis pintorescas da provincia, situada nun val de orixe glaciar e rodeada de fervenzas, nas proximidades do Parque Natural dos Montes do Invernadoiro. Nela rodou o actor Rubén Riós a curtametraxe "Adeus Edrada?", proxectado en diferentes festivais, e que trata da Santa Compaña e como a desaparición destas aldeas ten tamén como consecuencia a perda de historias que forman parte dun dificilmente recuperable patrimonio cultural. Na zona tamén se poden contemplar os restos dunha singular calzada que para algúns tería a súa orixe na época romana. O entorno no que nos moveremos forma parte do espazo de Rede Natura do Macizo Central Ourensán. Altitude 890-1080 m. Dificultade media-baixa. Distancia 6,2 km. Despois de xantar achegarémonos a fervenza de Castiñeira.

As saídas  e chegadas  desde o Parque de S. Lazaro  e  Aula da Natureza do río Miño.
 Horarios aprox. :
Saída: 9,30h.
Regreso: 19,30h.
(Dependendo  das condicións atmosféricas pode haber cambios  nas rutas programadas.)
O aula non se fai cargo e responsable de accidente e perdida na actividade

FORMA DE PAGO:
Inscrición do marzo: Tasa 10 euros cada un dos paseos. Os 3 paseos 30 euros
Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
Non  se admitirán ingresios bancarios sen a inscrición previa na Aula da natureza.
Ingreso no número de conta de Abanca 85 ES2080 5251 40 3111391114
Concepto: paseo de otono e o paseo que pagas

jueves, 21 de noviembre de 2013

traballos forestais e ambientais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas:

Ola a todas/os,

Organizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o sabádo 23 ata o domingo 24 de novembro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais e ambientais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas: 

imos a organizar  unhas XORNADAS de PRANTAFRAGAS e andamos a traballar en actividades que ensinen a recuperar-restaurar montes queimados, ecosistemas estragados, arranxar zonas de ribeira para evitar a erosión, a perda de solo e a destrución de ecosistemas fluviais…


            landras
O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo.
Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verdurillas para a cea do sábado (a pasta e arroz a poñemos nos)

Chegada o sábado pola mañá saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Se queres axudar e ser participe con nós, podes enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o voso apoio.

  voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
  988 374 318

Poremonos en contacto con vos para concretar horarios, desprazamento...


Moitas grazas
Esperamosvos na Serra!

viernes, 26 de abril de 2013

PASEO DE PRIMAVERA 2013


PASEO DE PRIMAVERA 2013 .AFORO COMPLETO
Data inicio: 28/04/2013     Data fin: 26/05/2013

Descrición
A finalidade da actividade é educativo-cultural,constará na realizacíon a pé de tres rutas previamante seleccionadas.
Na elección teranse en conta factores ambientales, paixasísticos e culturais, ademais que o percorrido das rutas sexa o máis asequible posible para os participantes. Os paseos serán realizadas de xeito tranquilo  e relaxado procurando que os participantes disfruten do entorno e se identifiquen con el.

Obxetivos
Achegar as persoas participantes aso coñecemento e disfute do entorno natural, paisaxístico e cultural de distintos lugares da provincia
Fomentar hábitos e comportamientos respetuoso co entorno
Favorecer relacións de amizade e camaradería entre os participantes

Rutas

28- 4 -2013 Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Visitaremos a aldea de Olelas, cunhas das mellores vistas do Parque Natural, así como do Parque Nacional portugués de Peneda-Gerés. Faremos un pequeno recorrido dentro do barranco de Olelas, onde pastan as vacas cachenas, especialmente adaptadas a ese entorno; tamén hai un interesante patrimonio etnográfico. Distancia 3 km., dificultade baixa. Despois dun xantar en Entrimo daremos un pequeno paseo nas proximidades da fronteira de Ameixoeira.

12-5-2013 Parque Natural Montes do Invernadoiro: ruta da Acebeda. O interese do Parque Natural Montes do Invernadoiro débese fundamentalmente a que, por un lado, é o espazo natural galego onde a actividade humana está máis restrinxida, o que permite a observación de animais como cervos, corzos, martas, lobos, gato montés, etc.,  con relativa facilidade; e por outro lado, á existencia dunha paisaxe glaciar de gran valor. Aínda que esta paisaxe herdada das glaciacións do Cuaternario ten as súas mellores manifestacións nas zonas do espazo vedadas ao público en xeral, esta ruta pasa practicamente á beira dun antigo glaciar. Faremos unha variante que evita realizar a ruta completa pero chega aos lugares de maior interese. Distancia 6,5 Km. Dificultade baixa. Despois dun xantar en Campobecerros volveremos ó Parque Natural para coñecer outros aspectos deste singular espazo natural.

26 -5- 2013 Ruta Xares-Lagoa do Celo. A ruta discorre dentro do coto de caza de Xares, onde poderemos contemplar cervos en semiliberdade, unha paisaxe de orixe glaciar de gran beleza e unha vexetación diversa, entre a que destaca a presenza de hábitats subalpinos. Distancia total 14,5 km., dividida en dúas etapas con xantar campestre polo medio. Altitude 1000-1530. Dificultade media. Para os máis valentes existe a posibilidade de achegarse ata o cumios da Serra Calva, desde onde se contempla unha das mellores vistas do macizo de Pena Trevinca : so uns 2 km. máis (e 200 m. máis en altura). Pola altitude recordade o uso de protección solar.

Destinatarios Persoas de todas as idades/ AFORO COMPLETO

Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 /aulanatureza@ourense.es)

FORMA DE PAGO: aforo completo
Inscrición a partir do A1 de abril: Tasa 10 euros os tres paseos.
Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
Non  se admitirán ingresios bancarios sen a inscrición previa na Aula da natureza.

viernes, 5 de abril de 2013

Programa sacre en Galicia

CURSOS PRIMAVERA 2013

¿Queres contribuír ao coñecemento das nosas aves máis comúns? Tómalle o pulso ao noso medio natural a través do seguimento das especies comúns.

O PROGRAMA SACRE EN GALICIA

Este mes de abril comeza un nova tempada do SACRE, programa de seguimento de aves comúns impulsado por SEO/Birdlife a nivel estatal e coordinado pola SGO a nivel galego. Este programa ten por obxectivo coñecer as tendencias poboacionais das nosas aves máis comúns. O traballo de campo consta unicamente de dúas mañas de mostraxe ao ano coas que poderemos contribuír á conservación das nosas rolas, escribentas, lavercas ou bueblas.

¿CÓMO PODO COLABORAR?

O programa SACRE está aberto a calquera afeccionado ou afeccionada á ornitoloxía cuns coñecementos mínimos para o recoñecemento das especies de aves comúns. Se queres colaborar podes consultar as instruccións do programa na seguinte ligazón, http://www.seo.org/wp-content/uploads/2012/04/instrucciones_-sacre_-2013_3.pdf
Tamén podes dirixirte ao enderezo sacre@sgosgo.org e resolver todas as túas dúbidas.

CURSOS SACRE 2013

Conicidindo co inicio dunha nova tempada do programa SACRE, nas vindeiras semanas a SGO celebrará dúas xornadas formativas en Ourense e Lugo abertas a todas as persas interesadas nas aves ainda que especialmente dirixidas aos colaboradores do programa SACRE.

"O programa SACRE: Iniciación ao recoñecemento das aves polo seu canto"

Este curso pretende axudar no recoñecemento das aves polos seus cantos e reclamos, proporcionando consellos, trucos e recomendacións para poder identificar no campo os diferentes grupos de aves mediante o oído. Ademáis, falaremos sobre os obxectivos deste programa e sobre os fundamentos da metodoloxía de traballo. Finalmente, faremos unha práctica de campo de recollida de datos e identificación de aves.

Provincia: Ourense
Data: 14 abril de 2013
Lugar: Aula de natureza do río Miño
Enderezo: Paseo fluvial de Oira s/n C.P. 32001
Localidade: Oira (Ourense)
Hora: 09:00 Sesión teórica
           10:00 Sesión practica

Provincia: Lugo
Data: 7 abril de 2013
Lugar: Centro de Conservación e Estudo da Natureza "Casa das Ínsuas"
Enderezo: R/ José Pardo y Pardo Montenegro, Rábade (Lugo)
Localidade: Rábade (Lugo)
Hora: 09:00 Sesión teórica
10:00 Sesión practica