martes, 29 de enero de 2013

CASTAÑO, A HISTORIA DE OURENSE

CASTAÑO, A HISTORIA DE OURENSE( EP,ESO e Bacharelato)


Data inicio: 04/02/2013 Data fin: 15/02/2013

Descrición
Esta actividade constará dunha parte teórica e outra práctica.


A parte teórica constará de conferencias a cargo dun experto que exporá as características máis salientables destes produtos gastronómicos, a súa importancia ao longo da historia e os distintos usos que lles podemos dar e as distintas formas de cociñalos. Terá unha duración de 1.00h.
A parte práctica constará de a realización de cestería tradicional do Castiñeiro.
Despois dos anos 60, o abandono das aldeas e como consecuencia as formas de vida rurais fan cambalear todas as artes tradicionais. A cestería cae no esquecemento, facendo a xente cada vez máis dependente dos cartos e inútil para fabricar utensilios ou ferramentas coas súas mans. De aí xorde o interese por este obradoiro de cestería en castañeiro para que as súas técnicas e trenzados permanezan entre nós e poidamos ser os novos herdeiros dun coñecemento ancestral. Terá unha duración de 100 minutos

Obxectivos
Coñecer o castiñeiro, os seus froitos, a súa madeira e usos.
Dar a coñecer a importancia histórica destes produtos gastronómicos para a nosa cidade.
Aprender distintas formas de manipulalos.
Destacar a importancia económica
Descubrir e aprender as técnicas de entrelazado de fibras vexetais flexibles como é a medula de castiñeiro.




Contidos
O castiñeiro: A árbore, a súa madeira e usos.
Técnicas de trenzado.
Técnicas de peche.
Cestería tradicional de castiñeiro.
Lugar de realización
Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Destinatarios/as
Primaria, ESO e Bacharelato

Periodización
Do 4 ao 8 do febreiro do 2013 de 10:00 a 13:00

Duración: 150 minutos

Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / 988388136 / aulanatureza@ourense

lunes, 28 de enero de 2013

SEMANA DA MEL(EP,ESO,Bacharelato)


SEMANA DA MEL(EP,ESO,Bacharelato)


Data inicio: 21/01/2013 Data fin: 31/01/2013

Descrición
Charlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde se explicará a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición.
Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.



Obxectivo
•Traballar e aprender o marabilloso mundo das abellas.
•Estudar na colmea a recoñecer ás abellas, como se reproducen e que actividades realizan, como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie.
•Coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e tamén, por que non, poder obter o teu propio mel.
•Coñecer as propiedades do mel, tanto nutricionais como terapéuticas: facilita a dixestión, laxante suave, propiedades sedantes.

Contidos
Introdución á apicultura.
Transformación de produtos e subprodutos do mel
Obradoiro. Crear a propia vela
Destinatarios
Alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato
Grupos de 25
Lugar de celebración Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Periodización 21 a 31 xaneiro do 2013
Horario de 10:00 a 13:00 h
Duración 100 min.
Cordinador: Luis Herminio Amigo Estrada( 988510781 / 988388136/ aulanatureza@ourense.es

Imparte a charla




ABELLA LUPA RECIBE O 1º PREMIO POLA SÚA “CONTRIBUCIÓN SIGNIFICATIVA Á PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE” POLA RED EMPRENDEVERDE


Abella Lupa SAT vén de acadar o 1º premio do concurso da Red emprendeverde, convocado pola Fundación Biodiversidad (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente), dentro da mención especial: “contribución significativa á protección da biodiversidade.” Deste xeito o Ministerio recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da economía sostíbel.

Abella Lupa foi seleccionada de entre un total de 190 candidaturas a nivel estatal que optaban a 4 categorías de premios económicos. O acto de entrega de galardóns celebrado o pasado 31 de outubro na sede do MAGRAMA en Madrid, foi presidido polo ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete.

Abella Lupa é unha Sociedade Agraria de Transformación que nace cun dobre propósito: ser un proxecto destinado á produción ecolóxica de mel e á recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia. Asemade, incorpora ao mundo da apicultura un enfoque multidisciplinar, grazas á súa experiencia e formación profesionais en ámbitos como a bioloxía, a xestión forestal, a ecoloxía e a educación ambiental.

A Red emprendeverde, é unha rede especializada e integradora, cunha estrutura aberta á incorporación de emprendedor@s, inversor@s e interesad@s no emprendemento. Conta con máis de 3000 emprendedor@s e 45 inversor@s. É unha Rede para axudar a tod@s aqueles que queiran aproveitar as oportunidades económicas vinculadas á protección do medio ambiente.

Máis información:
http://www.redemprendeverde.es/pg/pages/view/24995/abella-lupa
http://www.redemprendeverde.es/pg/pages/view/25002/premiados-2012
http://www.efeverde.com/contenidos/noticias/unos-negocios-verdes-de-premio
http://www.magrama.gob.es/en/prensa/noticias/miguel-arias-ca%C3%B1ete-%E2%80%9Cespa%C3%B1a-no-va-a-dejar-escapar-el-tren-de-la-econom%C3%ADa-verde%E2%80%9D-/tcm7-230271-16
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.461734630544879.122816.268173466567664&type=1