jueves, 26 de diciembre de 2013

Saída montañeira o 1 de xaneiro, Canóns do Sil-Serra de Cabeza de Meda


É costume nos paises con tradición “montañeira” subir nestas datas a unha montaña, a que quede máis perto de nós para celebrar a entrada do aninovo. O día 1 de xaneiro para aqueles e aquelas que vos apeteza a mañá cedo imos subir a Pena Rubia (ao cúmio da nosa árbore de nadal) que como ben sabedes está nos Canóns do Sil. Seguiremos a andaina ate o cúmio da Mallada Vella na Serra de Cabeza de Meda dende a que se ven as montañas máis altas de Galicia e norde de Portugal, vales do Sil e do Miño, terras da Limia e de Lemos, Val do Medo e do Arnoia…
Saída de Ourense ás 09:00 (Campus Universitario a carón da escultura do afiador) e voltaremos entre as 14 e as 15 horas, o que queira, poida e lle apeteza por nós pode voltar cando queira.

Data: *01 de xaneiro de 2014*


Saída 09:00h  dende a Campus de Ourense -Universidade de Vigo ao carón
da porta norte da Facultade de Ciencias de Ourense,
Avda Otero Pedraio no vial paralelo xunto ao aparcadoiro de bicis.
https://maps.google.es/maps?saddr=Av.+Otero+Pedrayo%2FC-535&daddr=Carretera+desconocida&hl=es&ll=42.345136,-7.857167&spn=0.005876,0.009645&sll=42.345223,-7.855563&sspn=0.001469,0.002411&geocode=FQcjhgIdkQ-I_w%3BFd4ihgIdxiKI_w&mra=dme&mrsp=1&sz=19&t=m&z=17

Volta ás 14:00h-15:00h 


Que levar: a comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, e calzado cómodo,
Tamén recomendamos prismáticos e cámara de fotos,
Ademais para repor forzas e brindar polo 2014, aconsellamos: doces de
nadal (turrón, roscóns, mazapans, bicas…) e algo para non desidratarse
(auga, viño da terra, sidra, cava…). ACONSELLABLE un chisco de forza
para camiñar e a voz limpa para cantar uns reises e botar uns aturuxos.


Animádevos e apuntádevos poñéndovos en contacto con Amigos da Terra:
988.37.43.18 ou no email:

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

"Cuándo ver aves en Galicia"

Prezados socios e compañeiros/as,

Sempre é unha boa nova a publicación dun libro de calidade sobre natureza, e máis aínda cando está escrita por socios do G. N. Hábitat e da SGO: Antonio Sandoval e Damián Romay, dúas das grandes figuras da ornitoloxía galega.

"Cuándo ver aves en Galicia" reúne destinos e propostas de actividades para a observación de aves en Galicia en función da época del ano, agrupadas mes a mes e orientadas a observadores de aves en xeral, familias con nenos, ornitólogos curiosos e buscadores de rarezas, e observadores con espírito científico.

Tamén inclúe unha lista de recursos sobre aves e ornitoloxía galega, a lista actualizada das aves de Galicia, e coordenadas de máis de 290 localidades. De especial interese para observadores de aves e afeccionados á Natureza en xeral, así como para educadores e axentes sociais e turísticos, que atoparán información útil para organizar e promover excursións e actividades relacionadas coas aves.

O libro pode mercarse na páxina web da Editorial Tundra, ou a través do Grupo Naturalista Hábitat, que é punto de venta dos seguintes títulos desta editorial:
  • Para qué sirven las aves?. Antonio Sandoval.
  • Cuándo ver aves en Galicia. Antonio Sandoval & Damián Romay.
  • Un safari en el jardín. Guía del naturalista aficionado, inexperto y sin medios. Jesús Allo Hernández.
  • Introducción a la conservación de las especies. José Luis Tellería
  • Cómo escribir artículos científicos. Marcos Méndez Iglesias
  • Cómo diseñar estudios de campo. Marcos Méndez Iglesias
  • Introducción a la Ecología Comportamental. Un manual para el estudio del comportamiento animal.
Esta iniciativa ademais contribuirá ao financiamento do grupo, xa que parte do importe do libro será doado por Tundra a Hábitat.

Se estás interesado, contacta connosco.
Saúde e natureza,
Grupo Naturalista HábitatEstudando para conservar dende 1979www.gnhabitat.org