martes, 14 de diciembre de 2010

RECICLADO OURENSE

APREDENDE A FACER OS TEUS XOGUETES / Actividade de vacacións de Nadal.

Data inicio: 22/12/2010 Data fin: 07/01/2011

DESCRICIÓN: Actividade na que se pretende reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes. Reciclaranse e faranse xoguetes con cousas para tirar.
...

OBXECTIVO:Coñecer as tres R: Reciclar, Reutilizar e Reducir. Insistir sobre a importancia da redución de residuos (envases), Reutilización cando sexa posible e Reciclaxe dos residuos e tamén coñecer as fases da reciclaxe facendo fincapé na importancia da separación en orixe. Concienciación dos nenos e dos pais das vantaxes que ten a reciclaxe. Aprender a importancia que ten a reciclaxe no medio ambiente. Buscar outro uso para as cousas que non utilizamos. Estimular os rapaces para que desenvolvan a súa imaxinación artística.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Dirixido: A persoas de todas as idades

Grupos: Non superior a 25 persoas

Periodización: 20 de decembro do 2010 ao 7 xaneiro do 2011

Horario: de 10:00 a 13:00 o de 16:00 a 19:00

Duración: 360 min.

Achegas da Concellería de Educación:

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño

Teléfono: 988510781 / 988388136

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

jueves, 25 de noviembre de 2010

SEMANA DO RECICLAXE /

SEMANA DO RECICLAXE / Colexios.

Data inicio: 29/11/2010 Data fin: 20/12/2010

Abordará os temas de reciclaxe amarelo, azul, verde, compost e os puntos limpos

Dividirase en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.

A-teórico
A cargo da empresa medioambiental Oxima
Tempo aproximado: 60 min.
Obxectivos:
Sensibilizar a todos os nenos e nenas dos problemas ambientais, e fortalecer o seu compromiso ante eles, a partir do uso racional do papel e a súa adecuada xestión (clasificación e reciclaxe) .
Acordar pautas adecuadas de clasificación, descarte e provisión do papel de desfeito, para reciclar.

Contido:
1. Presentación de vídeo.
2. Funcionamento dos proxectos.
3.Información medioambiental (a grandes trazos) en torno á reciclaxe de residuos especialmente do papel (datos xerais e estadísticos, como funciona a reciclaxe, responsabilidades, etc.)
4. Uso, clasificación e descarte de papel. “Cultura das ERRES”; en que medida cada un poderá aplicala. Estratexias para reducir o consumo de papel, reutilizalo e en última instancia, clasificalo adecuadamente para reciclar.
5. Pautas para a clasificación doutros residuos.

B- Obradoiro
A cargo de: Dolores Castro
Tempo aproximado: 90 minutos

Obxectivos:
-Xerar experiencias creativas que motiven o desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
-Comprender as etapas do proceso de reciclaxe de papel.

Contido:
1. Ciclo de vida do papel. Proxección de vídeo sobre reciclaxe do papel a nivel industrial.
2. Reciclaxe artesanal do papel.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: 10 colexios. A charla adaptarase aos distintos niveis educativos.
Grupos: non superior a 25 persoas
Periodización: 29 de novembro a 20 de decembro do 2010
Horario: de 10:00 a 13:00 o de 16:00 a 19:00
Duración: 100 min.
Achegas da Concellería de Educación: Transporte para centros do Concello de Ourense
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

http://www.educacionourense.com/admin.php?mod=admin&op=modo_disenoVer más

http://www.facebook.com/home.php?#!/event.php?eid=172197009475029

miércoles, 27 de octubre de 2010

PASEOS DE OUTONO

PASEOS DE OUTONO / Fin de semana

Data inicio: 07/11/2010 Data fin: 21/11/2010


A finalidade da actividade é educativo-cultural. Constará na realizacíon a pé de tres rutas previamante seleccionadas. Na elección teranse en conta factores ambientales, paixasísticos e culturais. Tamén se terá en conta que o percorrido das rutas sexa o máis asequble posible para os participantes. Os paseos serán realizadas de xeito tranquilo e rel...axado procurando que os participantes disfruten do entorno e se identifiquen con el





Obxetivos:

Achegar as persoas participantes aso coñecemento e disfute do entorno natural, paisaxístico e cultural de distintos lugares da provincia
Fomentar hábitos e comportamientos respetuoso co entorno
Favorecer relacións de amizade e camaradería entre os participantes.

Distinatarios: Preferentemente persoas maiores de idade, amantes da natureza, arte, cultura e aficionados a fotografia(maximo 15 persoas)

Temporalización:
As saídas e chegadas desde o Parque de S. Lazaro e Aula da Natureza do río Miño.

Horarios aprox. :
Saída: 10,00h.
Regreso: 17,30h.

Datas Outono: 07, 14 e 21 de novembro de 2010.

1.- Ruta a Prada (Macizo Central. Ourense)
2.- Fraga San Xoán do Río (Ourense)
3.- Regadas- Ridimoas- Muiños de Carballeda de Avia (Ourense)

As rutas realizaranse de xeito tranquilo e relaxado favorecendo o disfrute da paisaxe e o contacto coa natureza.

jueves, 9 de septiembre de 2010

Canción

Himno da natureza da Aula natureza do río Miño(os nenos de 2007)

I

Somos os da aula,
Ben o pasamos
Estamos aquí reunidos,
Todos traballamos.
Os nenos de Ourense,
Dende cinco anos,
Vimos a aula
E todos reciclamos.
Con pasta de sal,
pasta de papel,
cola moita cola,
pintura e pincel.
As seis e media
Imos merendar,
Logo saímos todos,
Imos a xogar
xogamos o pañuelo,
xogamos o brile,
xogamos a corda,
Unha duas e tres.

II

Somos os da aula,
ben o pasamos,
imos divertimos,
todo reciclamos,
creamos a Naturiño
é o noso emblema
coñecer a natureza
non é ningún problema.
Os nomes das árbores
Queremos aprender,
O dos animais,
¡eu xa os sei!

III

Somos os da aula,
ben o pasamos,
imos divertimos,
todo reciclamos,
Con pasta de sal,
pasta de papel,
cola moita cola,
pintura e pincel