DSC02544


Cunha metodoloxía participativa levaremos a cabo unha introdución a este sistema de deseño ecosistémico. Posteriormente, poremos en práctica o sistema mediante a creación dunha horta permacultural en As Corcerizas. Analizaremos a paisaxe e os distintos elementos do deseño (solo, auga, bosque comestible…) e xuntas prepararemos o solo, contruiremos os bancais, e sementaremos os primeiros cultivos.
O curso será impartido por Bugui García, especialista en permacultura e Jacobo Ojea, produtor ecolóxico da Horta do Cadaval. Aproveita esta oportunidade para iniciarte no mundo da permacultura e para cultivar os teus propios alimentos nun ecosistema harmónico!
Datas: 07 -09 marzo
Horario: venres de 17:00h a 20:00h; sábado de 10:00h a 14:30h e 16:30h a 20:30h; domingo de 10:00h a 14:30h e 16:00h a 18:30h
Prezo: 40 euros; 30 euros para socios/as de Amigos da Terra (inclúe matricula, aloxamento e manutención). O curso conta con financiamento da Xunta de Galicia
Programa curso de horto ecolóxico e permacultura
Inscrición: envía a ficha cuberta a cooperacion@amigosdaterra.net antes do día 3 de marzo e contactaremos contigo. As prazas son limitadas
Ficha inscrición horto ecolóxico.odt
Ficha inscrición horto ecolóxico.doc
Máis información: cooperacion@amigosdaterra.net ou no 986 229 089