jueves, 25 de noviembre de 2010

SEMANA DO RECICLAXE /

SEMANA DO RECICLAXE / Colexios.

Data inicio: 29/11/2010 Data fin: 20/12/2010

Abordará os temas de reciclaxe amarelo, azul, verde, compost e os puntos limpos

Dividirase en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.

A-teórico
A cargo da empresa medioambiental Oxima
Tempo aproximado: 60 min.
Obxectivos:
Sensibilizar a todos os nenos e nenas dos problemas ambientais, e fortalecer o seu compromiso ante eles, a partir do uso racional do papel e a súa adecuada xestión (clasificación e reciclaxe) .
Acordar pautas adecuadas de clasificación, descarte e provisión do papel de desfeito, para reciclar.

Contido:
1. Presentación de vídeo.
2. Funcionamento dos proxectos.
3.Información medioambiental (a grandes trazos) en torno á reciclaxe de residuos especialmente do papel (datos xerais e estadísticos, como funciona a reciclaxe, responsabilidades, etc.)
4. Uso, clasificación e descarte de papel. “Cultura das ERRES”; en que medida cada un poderá aplicala. Estratexias para reducir o consumo de papel, reutilizalo e en última instancia, clasificalo adecuadamente para reciclar.
5. Pautas para a clasificación doutros residuos.

B- Obradoiro
A cargo de: Dolores Castro
Tempo aproximado: 90 minutos

Obxectivos:
-Xerar experiencias creativas que motiven o desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
-Comprender as etapas do proceso de reciclaxe de papel.

Contido:
1. Ciclo de vida do papel. Proxección de vídeo sobre reciclaxe do papel a nivel industrial.
2. Reciclaxe artesanal do papel.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: 10 colexios. A charla adaptarase aos distintos niveis educativos.
Grupos: non superior a 25 persoas
Periodización: 29 de novembro a 20 de decembro do 2010
Horario: de 10:00 a 13:00 o de 16:00 a 19:00
Duración: 100 min.
Achegas da Concellería de Educación: Transporte para centros do Concello de Ourense
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

http://www.educacionourense.com/admin.php?mod=admin&op=modo_disenoVer más

http://www.facebook.com/home.php?#!/event.php?eid=172197009475029