miércoles, 15 de abril de 2015

Curso-Taller de Reparación e Mantemento de Bicicletas

Curso-Taller de Reparación e Mantemento de Bicicletas

Temas:
Revisión da bicicleta e as súas partes
Seguridade no uso da bicicleta e importancia do mantemento preventivo
Introdución ao uso correcto das ferramentas e o equipo
Procedemento para o axuste de freos (segundo o sistema de freos de cada participante)
Procedemento para o axuste dos sistemas de cambios de velocidades? Procedementos para o cambio e mantemento dos sistemas de eixes traseiro e dianteiro

Nota: para as persoas interesadas, por favor levar o seu propio xogo de ferramentas se dispón dun.




Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as persoas de todas as idades
Grupo: de 15 persoas
Periodización Martes do mes de abril
Horario de 16:00h a 17:30h
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 /aulanatureza@ourense.es

parques y jardines












martes, 14 de abril de 2015

MAIOS. NATUREZA E CIDADE

MAIOS. NATUREZA E CIDADE

Data inicio: 14/04/2015 Data fin: 28/04/2015

Descrición Esta actividade está baseada na elaboración dun maio e composición de coplas co fin de coñecer a fondo unha das festas tradicionais que forman parte do noso contorno.
Propoñemos que os asistentes coñezan a tradición dos Maios e todo o proceso de elaboración de estes, mentres realizan un propio. Tamén coñecerán distintas cantigas tradicionais e de nova creación e comporán as súas propias coplas.

Todos os anos,o 3 de maio, celébrase na cidade de Ourense unha das festas con máis arraigo e máis tradicionais da provincia: a festa dos Maios. Esta festa foi declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia e cuxa orixe é a celebración da chegada da primavera.É unha celebración con moito colorido que, normalmente ao chegar acompañada do mes de maio e do bo tempo ,concentra a un gran número de visitantes que se achegan ás rúas máis céntricas da cidade, habitualmente á rúa do Paseo e da Alameda, para ver as distintas construcións que os barrios e asociacións da capital preparan durante os días anteriores.

Os Maios son construcións de flores e froitos, musgo, madeira, con formas moi diversas: cónicas, piramidais, figuracións etc...que celebra a chegada da primavera.

Organízase tamén un concurso para premiar os mellores Maios e complétanse coas tradicionais coplas e cantares que fan alusión aos acontecementos da cidade.


Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as persoas de todas as idades
Grupo: de 15 persoas
Periodización Martes do mes de abril
Horario de 16:00h a 17:30h
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 /aulanatureza@ourense.es

jueves, 9 de abril de 2015

III XORNADAS HERPETOLÓXICAS OURENSÁS: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.

III XORNADAS HERPETOLÓXICAS OURENSÁS: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.

Data inicio: 19/04/2015     Data fin: 19/04/2015
Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza. 

Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense.
 
Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país. 

Como xa mecionamos as xornadas serán catro, unha cada duas semanas, entre os meses de abril e maio de 2015, con temática variada e unha duración aproximada de catro horas, se queredes podedes asistir a todas, ou somentes a aqulas na que estexades interesados. 

Xornada 1:
Domingo   19 de abril de 2015 de 16:30 a 19:30 horas.
Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).
Saída práctica: 

A actividade é totalmente gratuíta. As xornadas están dirixidas a todo tipo de público, infantil ou adulto, expertos ou totalmente profanos nesta temática.

Colaborador e experto: Alberto Rivera Saeta
Aula da natureza do río Miño
Paseo de  fluvial de Oira s/n
Ourense 32001
aulanatureza@ourense.es