MAIOS. NATUREZA E CIDADE
Data inicio: 14/04/2015 Data fin: 28/04/2015
Descrición Esta actividade está baseada na elaboración dun maio e composición de coplas co fin de coñecer a fondo unha das festas tradicionais que forman parte do noso contorno.
Propoñemos que os asistentes coñezan a tradición dos Maios e todo o proceso de elaboración de estes, mentres realizan un propio. Tamén coñecerán distintas cantigas tradicionais e de nova creación e comporán as súas propias coplas.
Todos os anos,o 3 de maio, celébrase na cidade de Ourense unha das festas con máis arraigo e máis tradicionais da provincia: a festa dos Maios. Esta festa foi declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia e cuxa orixe é a celebración da chegada da primavera.É unha celebración con moito colorido que, normalmente ao chegar acompañada do mes de maio e do bo tempo ,concentra a un gran número de visitantes que se achegan ás rúas máis céntricas da cidade, habitualmente á rúa do Paseo e da Alameda, para ver as distintas construcións que os barrios e asociacións da capital preparan durante os días anteriores.
Os Maios son construcións de flores e froitos, musgo, madeira, con formas moi diversas: cónicas, piramidais, figuracións etc...que celebra a chegada da primavera.
Organízase tamén un concurso para premiar os mellores Maios e complétanse coas tradicionais coplas e cantares que fan alusión aos acontecementos da cidade.
Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as persoas de todas as idades
Grupo: de 15 persoas
Periodización Martes do mes de abril
Horario de 16:00h a 17:30h
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 /aulanatureza@ourense.es

A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario