martes, 18 de febrero de 2014

COÑECE A AULA DA NATUREZA DO RIO MIÑO (Centros Educativos)

Data inicio: 18/02/2014     Data fin: 28/042/2014
Descrición
A Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira, ofrece visitas guiadas a escolares e adultos, onde, mediante paneis e diverso material informativo como maquetas e expositores, explicaselle a  importancia da conservación do medio ambiente, a familiarízase co río Miño e co bosque de ribeira: aspectos naturais, patrimoniais, culturais e históricos relacionados co río ao seu paso pola nosa cidade. Recordemos que o río Miño é o río máis grande de Galicia,moi caudaloso e baña unha grande superficie do territorio galego. (Sáibase que nace na serra de Meira, no Pedregal de Irimia. O tramo de percorrido pola Terra Chá ata Lugo foi declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera, en Ourense acomodase a unha depresión).
Nas actividades cos escolares, o alumnado dividido en grupos realiza xogos (dentro e fóra da aula) e itinerarios ambientais, dependendo das necesidades, desexos dos participantes, ou das condicións meteorolóxicas.
É importante concienciar á xente da importancia da conservación do medio e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del. O concepto básico empregado na procura deste obxectivo é o Desenvolvemento Sostible, presente en todas as actividades. Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades realizadas na Aula.
Obxectivos
1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos culturais e históricos relacionados co medio, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiás.
2-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
3-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico e da conservación do patrimonio natural e cultural.
4-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
5-Tomar conciencia do valor do noso e a importancia da súa conservación a favor do desenvolvemento sostible.
6-Descubrir a influencia do medio na saúde, entendida no seu concepto máis moderno e amplo como ”Estado de benestar físico, psíquico e social” segundo a OMS.
Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as:Alumnado de EP,ESO e Bacharelato
Grupos, non superior a 25 persoas
Periodización A visita poderiase facer noutra época do ano, se aula non se atopa ocupada
Horario 
Duración 
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / aulanatureza@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario