O MONTE COMA FONTE SOSTIBLE DE RECURSOS
Amigos da Terra levará a cabo este próximo domingo, 27 de febreiro, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, unha xornada divulgativa sobre o monte como fonte sostible de recursos, dirixida a propietarios e xestores de comunicades de montes, concellos, asociacións vinculadas ao medio rural e o público en xeral.
Entre os principais obxectivos da mesma, destacan promover a reflexión crítica sobre os usos actuais do monte, concienciando da importancia do monte na nosa vida cotiá, así como valorar a transcendencia do seu coidado para mellorar a calidade de vida como ben ambiental, social e económico.
Nesta xornada, ofreceremos tamén ferramentas, experiencias de proxectos sostibles e vías de comunicación e formación para os axentes implicados.
Así mesmo, durante a mesma, está prevista a presentación da Guía para propietarios de terreos eólicos, editada pola Fundación Juana de Vega co obxecto de reducir a asimetría de información entre as partes implicadas e mellorar os procesos de negociación.
Esta guía, foi elaborada en colaboración co Grupo de Investigación Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, aportando consellos ás Comunidades, logo da resolución a finais do pasado ano do concurso eólico, polo que se adxudicaron en Galicia 2.325 megavatios.
Para Amigos da Terra, a falta de coñecementos, o abandono dos terreos e incluso unha comunicación pouco clara enmascarada baixo palabras como “innovación” e “tecnoloxía verde”, poden estar prexudicando os intereses dos propietarios/as e danando irreparablemente un ben común como é, o medio natural.
A xornada é gratuíta.
Presentación da Guía para os propietarios de terreos eólicos
Programa:O MONTE COMA FONTE SOSTIBLE DE RECURSOS
10:45 – 11:00 O monte coma fonte sostible de recursos (Analía Moares, Amigos da Terra)
11:00 – 11:45 Aproveitamento enerxético no monte. Presentación da Guía para propietarios dos terreos eólicos (Xavier Simón Fernández, Universidade de Vigo)
Descanso (café, infusións)
12:00 – 13:00 Mesa redonda: Experiencias prácticas de proxectos sostibles dende o punto de vista, social, ambiental e económico
Xestión integral do monte (Xosé Santos, Consello Forestal de Galicia)
Experiencias prácticas: Monte Cabalar
13:00 – 13:15 Órganos de participación dos axentes sociais na elaboración das políticas forestais (Montserrat Valencia, Amigos da Terra)
13:15 -13:35 Xestións nas CCMM: Mecanismos de toma de decisións, dereitos e deberes dos comuneiros/as, actuacións fronte a novas propostas en terreos comúns. (Luis Miguel Segovia, Xunta de Galicia)
Xantar (por conta dos/as participantes)
15:00 – 16:30 Visita a As Corcerizas: Aplicando criterios de sustentabilidade (Amigos da Terra)
16:30 – 18:00 Paseo interpretativo pola Serra de San Mamede (Xosé Santos e Amigos da Terra)
AS CORCERIZAS
Amigos da Terra
Rúa da Concordia 20,2º esquerda 32003 Ourense
Tel: 34 988 374318 Fax: 34 988 511020
e-mail: info@amigosdaterra.net
No hay comentarios:
Publicar un comentario