martes, 15 de marzo de 2011

XLVII Curso de Saúde Ambiental

congreso provincial de medio ambiente
XLVII Curso de Saúde Ambiental
Ourense, 4-8 abril 2011
Patrocinadores oficiais
Colabora na organización (sede anfitrioa)
Prof. Dr. Francisco Peña
Director
programa galego municipios saudables e sostibles 2000-2012

Presentación
“O medio ambiente como xerador de actividades capaces de producir emprego, saúde e benestar á población”.
Cada día ten maior importancia o coñecemento do medio ambiente dunha comunidade, xa que é un condicionante do seu
benestar social, sanitario e económico. A industrialización e a urbanización modificaron o medio ambiente dando orixe a
problemas ambientais de primeira orde (o efecto invernadoiro e o cambio climático, a destrución da capa de ozono estratosférica,
o transporte de contaminantes, a desertización, etc.) que é preciso corrixir, así como evitar que as actividades futuras orixinen
máis deterioracións no noso contorno a través dunha política preventiva que permita un desenvolvemento sostido e equilibrado
e teña como obxectivos a protección da saúde do home e a conservación de todos os recursos (aire, auga, solo, clima, especies
de flora e fauna, alimentos, materias primas, hábitat, patrimonio natural e cultural) que condicionan e sustentan a vida. As
interrelacións entre os diversos recursos e a súa xestión fan cada vez máis necesaria a posta en marcha de estratexias globais,
entre as que ocupa un papel fundamental o principio de prevención, xa que máis vale previr que curar.
A forte conexión entre medio ambiente e saúde recoñeceuse expresamente na 3ª Conferencia Ministerial do Medio Ambiente e a Saúde
(Londres, 1999). O Cume da Terra de Río de Janeiro (1992) e a Conferencia de NNUU sobre Medio Ambiente e Desesenvolvemento
de Johannesburgo (2002), acuñaron a idea de desenvolvemento sostible, que expresa a imposibilidade dun desenvolvemento sen
contar co medio ambiente (a protección do medio ambiente e o desenvolvemento económico e social son tres piares inseparables do
desenvolvemento sostible). Para acadar os obxectivos do VI Programa Comunitario de Acción en materia de medio ambiente para
2001-2010, ademais da consideración das disposicións lexislativas vixentes e de aspectos tecnolóxicos inclúense actuacións tales
como o aumento de diálogo coa empresa, fomento de acordos voluntarios, participación da opinión pública, acceso á información
ambiental, etc. A empresa ten unha especial responsabilidade diante do medio ambiente ao ser consumidora de recursos, ademais
de fonte de emisións e residuos; pero tamén é orixe de coñecementos científicos e tecnolóxicos, así como de positivos impactos
socioeconómicos; o cal levou a moitas empresas a integrar a política ambiental nas estratexias corporativas adoptando criterios de
protección do contorno na planificación de actividades e toma de decisións, o que implica tamén ás asociacións empresariais, xa que
a protección do medio ambiente na empresa constitúe unha responsabilidade corporativa.
A Oficina Rexional para Europa da OMS, baseándose nas iniciativas de Cidades Saudables, e tendo en conta as experiencias dos
plans de sanidade ambiental locais e os programas da Axenda 21 existentes nalgúns países europeos, decidiu apoiar as entidades
locais e rexionais para acadar os obxectivos do desenvolvemento sostible, para o cal é necesario impulsar a posta en marcha de
medidas de planificación e control do medio ambiente relacionadas cos aspectos sanitarios, xa que para resolver os problemas do
medio ambiente, a saúde e o desenvolvemento sostible, é preciso chegar a un acordo e emprender accións non só a nivel nacional
e internacional senón tamén a nivel subnacional e local.
Na liña das políticas da OMS de propoñer ambientes saudables, e coa esperanza de concienciar aos concellos galegos de asumir
esta filosofía na xestión dos aspectos ambientais da saúde e así poder contribuír ao desenvolvemento sostible de Galicia e
mellorar as condicións de vida dos cidadáns, púxose en marcha en Galicia no ano 2000, o Programa Galego Municipios
Saudables e Sostibles 2000-2012, que contou cos parabéns do coordinador do proxecto “Healthy Cities” da Oficina Rexional
para Europa da OMS. Esta iniciativa itinerante pioneira en España, leva consigo:
- Un primeiro nivel de actuación: de formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, e foro de debate de todos
os axentes sociais implicados na tarefa de protexer e conservar o medio ambiente.
- Un segundo nivel de actuación: de participación cidadá, peza clave na posta en marcha de calquera programa de actuación.
- Unha recomendación: que os concellos, comarcas e mancomunidades de Galicia, coa axuda e o apoio da Administración,
adquiran o compromiso de adhesión á Carta de Aalborg e inicien e impulsen a posta en marcha e o desenvolvemento da
Axenda 21 Local.
A posta en marcha en Galicia deste Programa, co apoio da OMS, auspiciado pola SESA e baixo o mecenado de Nova Caixa
Galicia, Xunta de Galicia, Fegamp, Sogama, Iberdrola e Aquagest, no seu periplo itinerante por toda a xeografía galega o longo
de 11 anos, contou coa participación de 244 concellos (241 galegos, 2 leoneses e 1 asturiano) e 5 entidades locais e rexionais
portuguesas, e 4.433 asistentes nas 46 edicións de Cursos de Saúde Ambiental realizados. Precisamente co fin de abordar e
debater algúns dos problemas ambientais prioritarios que ten a provincia de Ourense, organízase o XLVII Curso de Saúde
Ambiental – Congreso Provincial de Medio Ambiente, que deseñado de acordo cos principios da Carta Europea sobre Medio
Ambiente e Saúde, e a Carta de Aalborg cara á sostibilidade, e dirixido a todos aqueles que traballan ou están interesados no
medio ambiente e na saúde, pretende converterse en foro de debate e estudo da situación ambiental da provincia de Ourense,
ademais de punto de encontro de ambientalistas, e referencia ambiental de Galicia durante esa semana, co obxectivo de contribuír
a sentar as bases do desenvolvemento sostible cara ao futuro da nosa terra.
Finalmente, destacar a necesidade de unir esforzos por parte de responsables políticos, empresarios, científicos, educadores,
profesionais, comunicadores, ecoloxistas, así como a participación activa dos cidadáns, en prol de conseguir un medio ambiente
saudable e sostible para tod@s @s galeg@s, mellor legado para xeracións vindeiras.
Prof. Dr. Francisco José Peña Castiñeira
FUNDADOR RESPONSABLE PROGRAMA GALEGO MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2012
Programa
LUNs, 4 de Abril
16:00 h.: ACREDITACIÓN E ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN.
16:30 h.: ACTO INAUGURAL, a cargo de D. José Luis Baltar Pumar, presidente da Excma. Deputación de Ourense; D. Agustín
Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia; D. Carlos
Antonio Fernández Castro, presidente da FEGAMP-Federación Galega de Municipios e Provincias; D. Francisco Rodríguez
Fernández, alcalde-presidente do Concello de Ourense; D.ª María Lameiras Fernández, vicerreitora do Campus de Ourense-
Universidade de Vigo; D. Francisco Fernández Liñares, presidente da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil do Ministerio
de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
17:00 h.: I SESIÓN PLENARIA: “A xestión sustentable dos recursos naturais como factor de desenvolvemento
socioeconómico e de benestar social da provincia de Ourense”
PRESIDENTA: D.ª MARÍA LAMEIRAS FERNÁNDEZ
Vicerreitora do Campus de Ourense-Universidade de Vigo.
RELATORES:
- “Posta en valor do patrimonio natural da provincia de Ourense co especial referencia aos parques naturais”
D.ª BELÉN BRIS MARINO
Xefa do Servizo de Conservación de Espazos Naturais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do
Medio Rural da Xunta de Galicia.
- “O termalismo ourensán como fonte de saúde: ¿estamos no bo camiño?”
PROF. DR. D. LUIS RODRÍGUEZ MIGUEZ
Ex-profesor e 1ª medalla de ouro da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Académico
numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
- “Os recursos termais como factor de desenvolvemento económico e social da provincia de Ourense”
PROF. DR. D. JOSÉ ANTONIO FRAIZ BREA
Profesor titular da Área de Comercialización e Investigación de Mercados da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
da Universidade de Vigo. Coordinador do Máster Oficial Interuniversitario de Dirección e Planificación do Turismo.
- “A industria enolóxica e o medio ambiente na provincia de Ourense”
D. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Vicepresidente da Conferencia Española de
Consejos Reguladores.
- “Posta en valor da provincia de Ourense como destino turístico”
D. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Xerente do INORDE.
MARTES, 5 de Abril
12:00 h.: Roteiro turístico-termal polo casco vello da cidade de Ourense e ribeiras do río Miño, organizado e guiado polo
Concello de Ourense.
16:30 h.: II SESIÓN PLENARIA: “Modelo enerxético sustentable e cambio climático”
PRESIDENTE: PROF. DR. D. LUIS ESPADA RECAREY
Ex-reitor e catedrático de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da
Universidade de Vigo. Valedor do Cidadán de Vigo.
RELATORES:
- “A calidade do aire en Galicia: sistema de vixilancia e control de emisións”
D.ª M.ª LUZ MACHO EIRAS
Directora do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
- “Política enerxética sustentable”
D. MIGUEL F. CALLEJA MEDIANO
Responsable de Regulación de Iberdrola nas Comunidades Autónomas.
- “A hulla de carbono: aplicación práctica”
D. ÁNGEL LAGARES DÍAZ
Subdirector de Medio Ambiente de Gas Natural Fenosa.
- “Posta en valor das enerxías alternativas nun escenario de cambio climático”
D. VICENTE PÉREZ MUÑUZURI
Subdirector xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación
Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.
mércores, 6 de Abril
10:30 h.: Presentación dos modelos tipo de ordenanza municipal de eficiencia enerxética nas edificacións, promovida pola
Deputación de Ourense (proxecto Retaler, confinanciado cun 75% de Fondos Feder da Unión Europea).
11:30 h.: SESIÓN DE COMUNICACIÓNS TÉCNICAS DE RESIDUOS:
PRESIDENTE: D. JAVIER BOBE VÁZQUEZ
Xefe do Servizo de Augas e Medio Ambiente da Área de Infraestruturas da Deputación de Ourense.
RELATORES:
11:30 h.: “Contribución de Sogama á sostibilidade”
D.ª MARÍA ESTHER CAMPOS MOSQUERA
Responsable de Comunicación e Prensa de Sogama.
12:30 h.: “Valorización de residuos orgánicos biodegradables”
D.ª JOSEFA DE LEÓN BLANCO
Delegada do Grupo Agroamb-Delegación Sur.
13:00 h.: “Relevancia da valorización dos RCD´s nunha construción sostible e xestión dos residuos non perigosos na
Comunidade Autónoma de Galicia”
D.ª ELVIRA CAMARERO PÉREZ
Directora comercial do Grupo GESTÁN.
13:30 h.: “Estratexia de xestión dos residuos de alta actividade en España: o almacén temporal centralizado como unha
solución necesaria”
D.ª SILVIA RUEDA SÁNCHEZ
Técnica do Departamento de Formación de ENRESA.
16:30 h.: III SESIÓN PLENARIA: “Novos retos na xestión dos residuos en Galicia: complementariedade de procedementos,
converter os residuos nun recurso”
PRESIDENTE: D. BENITO GARCÍA CARRIL
Director de Galicia Ambiental-Grupo Correo Gallego. Periodista especializado en información ambiental.
Membro da Asociación de Periodistas de Información Ambiental de España (APIA).
RELATORES:
- “Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020”
D.ª MARÍA JOSÉ ECHEVARRÍA MORENO
Subdirectora xeral de Coordinación Ambiental da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.
- “Valorización enerxética dos residuos urbanos”
D. FRANCISCO SILVA CASTAÑO
Director xeral de Sogama.
- “Tipos de tratamento dos residuos urbanos”
D. Juan José González Valejo
FCC Servicios Ciudadanos.
- “Diferentes modelos de tratamento para os residuos orgánicos”
D. LUIS PINARDEL ESTOPIÑAN
Director comercial de Desarrollo de Tradebe España.
xoves, 7 de Abril
10:00-14:00 h.: Viaxe en catamarán pola Ribeira Sacra e canóns do Sil.
16:30 h.: IV SESIÓN PLENARIA: “A xestión das augas na provincia de Ourense ante o reto da DMA e a nova Lei de Augas”
PRESIDENTE: PROF. DR. D. XOÁN CARLOS MEJUTO FERNÁNDEZ
Catedrático de Química Física da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense-Universidade de Vigo.
RELATORES:
- “Confederación Hidrográfica del Miño-Sil: estado actual da conca e a nova planificación hidrolóxica 2010-2015”
D. XOÁN NÓVOA RODRÍGUEZ
Comisario de Augas da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
D. JOSÉ ÁLVAREZ DÍAZ
Xefe da Oficina de Planificación Hidrológica da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil do Ministerio de Medio Ambiente
y Medio Rural y Marino.
- “Actuacións de Augas de Galicia na provincia de Ourense”
PROF. D. FRANCISCO ALONSO FERNÁNDEZ
Xefe do Servizo Territorial da Zona Galicia Sur de Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas da Xunta de Galicia. Profesor da Universidade de Vigo.
- “Plan de vixilancia e control de vertidos industriais ás redes de sumidoiros municipais”
D. JOSÉ MARÍA OURO LÓPEZ
Xefe de Produción de Aquaourense.
- “Tratamento de lodos procedentes de fosas sépticas a través de plantas depuradoras compactas”
D.ª INMACULADA RIAL SÁNCHEZ
Técnica de Desenvolvemento de Negocio de SMA-Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A.
venres, 8 de Abril
10:00 h.: V SESIÓN PLENARIA: “Contribución das empresas, dos centros educativos e das entidades locais ao
desenvolvemento sustentable da provincia de Ourense”
PRESIDENTE: D. JUAN JOSÉ LIRÓN LAGO
Secretario de Galicia-Norte de Portugal da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (GNP-AECT).
RELATORES:
- “As certificacións ambientais na provincia de Ourense”
D.ª PAULA RODRÍGUEZ CARBALLO
Auditora xefa de AENOR-Delegación Galicia.
- “Implantación do Grao de Ciencias Ambientais no Campus de Ourense”.
PROF. DR. D. PEDRO ARAÚJO NESPEREIRA
Decano da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo-Campus de Ourense.
- “A implantación da Axenda 21 Local na provincia de Ourense”
D.ª MARÍA VICTORIA ESCUREDO MERINO
Xerente de Desarrollo de Negocio de Novotec Galicia.
- “Proxecto Red Genera”
D. Celso Manuel Barbosa Rodríguez
Presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.
- “A educación ambiental no ámbito escolar”
PROF. DR. D. PEDRO MEMBIELA IGLESIAS
Profesor da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de
Ourense-Universidade de Vigo.
- “A xestión forestal sustentable: unha oportunidade para o monte ourensán”
D. TOMÁS FERNÁNDEZ-COUTO JUANAS
Director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
13:00 h.: ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS ACREDITATIVOS, a cargo de D. José Luis Baltar Pumar,
presidente da Excma. Deputación de Ourense; D. Justo de Benito Basanta, secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia; D. Tomás Fernández-Couto Juanas,
director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia; D. Luis Lamas Novo, presidente de Sogama; D.
Henry Laiño López, director territorial de Aquagest en Galicia; D. Francisco Caamaño Martínez, delegado de Iberdrola en
Galicia; representante de Novacaixagalicia.
Información xeral
OBXECTIVOS
• Integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e
saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual, para que
• contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana dos cidadáns.
• Establecer un foro de debate e estudo da situación ambiental da provincia de Ourense, dos seus problemas e carencias que
se consideran máis importantes, así como das posibles solucións que se deberán adoptar; ademais de permitir a cooperación
e o diálogo entre todos os axentes sociais implicados no tema, fomentando a creación de núcleos de sostibilidade.
DESTINATARI@S
• Técnic@s, funcionari@s e responsables políticos da Administración local, provincial e autonómica, que desenvolvan a
súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
• Profesorado da universidade, de ensino secundario e formación profesional que desenvolva a súa actividade ou estea
relacionado/interesado nas áreas obxecto de estudo.
• Técnic@s e xestores de empresas que desenvolvan a súa actividade nos departamentos de calidade, medio ambiente e
prevención de riscos laborais.
• Profesionais libres, titulados superiores e diplomados, técnicos superiores e de grao medio que desenvolvan a súa
actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
• Estudantes universitarios e dos ciclos formativos de formación profesional relacionados/interesados nas áreas obxecto
de estudo (saúde ambiental, química ambiental, xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, traballos
forestais e de conservación do medio natural, etc.).
METODOLOXÍA
• 5 sesións plenarias, 1 sesión de comunicacións técnicas de residuos e visitas prácticas, configuran a estrutura do curso/
congreso, no que os relatores farán unha exposición sintética de carácter técnico acompañadas de casos prácticos e co
apoio de medios audiovisuais (power point), cun debate ao remate de cada sesión, no que tamén intervirán activamente
os participantes amosando as súas experiencias.
NÚMERO DE PRAZAS E DEREITOS DE INSCRICIÓN
• Número de prazas: 100, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
• Cota de inscrición: 30 €.
• Becas: 50 becas (inscrición gratuíta), que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, destinadas a todos aqueles que acrediten
algunha das seguintes condicións:
a/ Estudantes universitarios e dos ciclos educativos de formación profesional de carácter ambiental.
b/ Técnicos, funcionarios e responsables políticos dos concellos da provincia de Ourense.
c/ Empresarios, profesionais e técnicos de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais de empresas adscritas
á Cámara de Ourense (10 becas).
d/ Representantes de asociacións sen ánimo de lucro.
e/ Parados.
• Forma de pagamento: o aboamento efectuarase mediante transferencia bancaria a Caixa Galicia, nº de conta:
2091 – 0372 – 48 – 3040011862, especificando o nome e apelidos da persoa inscrita.
• Forma de inscrición: cubrir o boletín de inscrición, que deberá achegar co xustificante do pagamento, e presentarase/
enviarase por correo electrónico/fax á Secretaría Técnica. O prazo para formalizar a inscrición abrirase o xoves día 17 de
marzo, fixándose a data límite para formalizala o xoves día 31 de marzo, ás 14:00 horas.
DOCUMENTACIÓN
• Entregarase unha carpeta coa publicación do Libro de relatorios e material didáctico diverso.
DIPLOMA ACREDITATIVO E CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN (*)
• O alumnado que participe con regularidade nas sesións programadas do curso/congreso, que consta de 30 horas lectivas,
recibirá un diploma acreditativo de asistencia.
• A Universidade de Vigo concederá 2 créditos de libre configuración ao alumnado matriculado nesa Universidade que
asista ao curso/congreso (en tramitación).
SEDE, DATAS E HORARIO
• Sede: Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación de Ourense (Rúa Progreso, nº 30 - 32003 Ourense).
• Datas: do 4 ao 8 de abril de 2011.
• Horario: de 16:30 a 20:30 horas (de luns a xoves) e de 10:00 a 14:00 horas o mércores ee o venres. O martes de 12:00 a 14:00
horas e o xoves, de 10:00 a 14:00 horas, terán lugar unhas visitas prácticas (opcionais).

No hay comentarios:

Publicar un comentario