miércoles, 25 de mayo de 2011

Asociación Herpetolóxica Española/

A Asociación Herpetolóxica Española/ Fin de semana

Data inicio: 28/05/2011 Data fin: 28/05/2011


A Asociación Herpetolóxica Española foi fundada o 7 de xullo de 1984 no
Salón de Actos do Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid. Segundo
os estatutos vixentes, aprobados en decembro de 1989, os obxectivos e fins
da A.H.E. son de carácter non lucrativo e perseguen favorecer unha
estreita colaboración entre os herpetólogos canalizada a través de
congresos, reunións, grupos de traballo e edición de publicacións. Promove
e coordina o estudo da Herpetofauna, tanto teórico como práctico, así como
a conservación dos anfibios e réptiles e do seu contorno. Asesora, dirixe
e realiza estudos relacionados coa herpetoloxía, tanto a nivel nacional
como internacional.

A Asociación Herpetolóxica Española edita periodicamente tres
publicacións: A Revista Española de Herpetología, O Boletín da Asociación
Herpetológica Española e as Monografías de Herpetología e os Cuadernos de
Divulgación Herpetológica, con periodicidade variable.

A primeira delas, de carácter anual, inclúe artigos científicos e
recensións bibliográficas en castelán ou inglés, que versen sobre calquera
aspecto do estudo dos anfibios e réptiles.
A segunda, de carácter semestral, constituíuse como o órgano de
comunicación de noticias, notas e peticións no campo da herpetoloxía.
Inclúe, entre outras, as seccións de conservación, terrariofilia, notas
de campo, información das vogarías da A.H.E., notas breves e anuncios.

As Monografías de Herpetoloxía constitúense como o órgano de difusión
daqueles traballos que pola súa extensión e interese particular no poidan
publicarse como un artigo científico na Revista Española de Herpetoloxía.
A Asociación Herpetolóxica Española publica ademais, con periodicidade
variable, libros e Cadernos de Divulgación Herpetolóxica relacionados co
campo temático da herpetoloxía.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Dirixido: A todo tipo de persoas

Grupos: Non superior a 20 persoas

Temporalización: 28 e 29 de maio

Horario: de 10:00 a 17:00

Achegas da Concelleria de Educacion: coa colaboración da Asociación Herpetolóxica Española e da concelleria de Medio Ambiente

Mais información: http://webs.uvigo.es/oma/document/SareOuGal.pdf

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño

Telefono: 988510781 / 988388136

Correo electronico: aulanatureza@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario