viernes, 16 de septiembre de 2011

Yo ya ando en bici.SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE. (16 Ao 22 DE SETEMBRO 2011) DESPRÁZATE DE FORMA EFICIENTE: ¡MELLORA A TÚA MOBILIDADE!

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE. (16 Ao 22 DE SETEMBRO 2011) DESPRÁZATE DE FORMA EFICIENTE: ¡MELLORA A TÚA MOBILIDADE! Un ano máis a cidade de Ourense súmase á semana europea da mobilidade que se celebrará do 16 ao 22 de setembro cun programa de actividades participativas e de sensibilización organizadas polo Concello de Ourense a través da Concellaría de Mobilidade en colaboración coa Concellaría de Educación e Concellería de Tráfico. Este ano a campaña organízase baixo o lema:¡ Desprázate de forma eficiente. Mellora a túa mobilidade.! Este é un gran reto ao que nos estamos enfrontando as cidades, lograr desprazamentos eficientes, mínimo custo ambiental, máxima eficacia. Reto importante xa que do noso xeito de desprazarnos depende o presente e o futuro ambiental. Nesta nova campaña os obxectivos específicos son: • Estimular un comportamento cidadán compatible co desenvolvemento urbano sostible. • Sensibilizar á cidadanía sobre os impactos ambientais do transporte e dos seus diferentes modos de uso. • Dar a oportunidade aos cidadáns de que coñezan novos e ecolóxicos modos de transporte alternativos ao turismo convencional. • Sensibilizar aos cidadáns sobre o uso da bicicleta como transporte alternativo. • Fomentar o transporte alternativo en grupos de risco de inclusión social. • Fomentar o uso do transporte público urbano recordando a importancia do seu uso na mellora da mobilidade na Cidade. PROGRAMA DE ACTIVIDADES SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE DÍAS 16 O 22 DE SEPTEMBRO DO ANO 2011 ACTIVIDADES EDUCATIVAS EN CENTROS ESCOLARES:(as horas do corte das rúas hai que falalo coa policía local para a súa confirmación) • Día 19 de setembro(10 AM): Colexio CEIP Couto Charla educativa sobre mobilidade, realización de fichas escolares sobre o tema. Paseo en bicicleta por diferentes rúas próximas ao colexio ( simular os desprazamentos cotiáns en bicicleta) • Día 20 de septembro (10 AM): Colexio Mestre Vide (Zona Lagoas) Charla educativa sobre mobilidade, realización de fichas escolares sobre o tema. Corte de tráfico na rúa paralela( consultar rúa á policía) ao centro escolar na que se realizarán as seguintes actividades: - Ginkana de bicicletas.( con materiais do parque móbil da DXT) - Taller:aprende a arranxar a túa bicicleta( Ciclosport- Gil) • Día 21 de setpembro(10 AM): Colexio A Ponte (Zona A Ponte) Charla educativa sobre mobilidade, realización de fichas escolares sobre o tema. Corte de tráfico na rúa paralela (consultar rúa á policía) ao centro escolar na que se realizarán as seguintes actividades: - Ginkana de bicicletas.( con materiais do parque móbil da DXT) - Taller:aprende a arranxar a túa bicicleta (CiclosportGil) ACTIVIDADE EDUCATIVA PARA ESCOLARES Visita dos escolares á estación de control do autobús urbano . Día 21 septembro (12 horas): Alumnos de 5º e 6º de primaria do colexio Irmáns Villar (Pena Trevinca, 41 ) (60 alumnos aprox.). Traslado pola empresa Urbanos de Ourense en autobús desde o colexio ao centro de pantallas, explicación no mesmo do funcionamento das mesmas e regreso ao colexio. Día 22 de septembro (10 Am): Alumnos de 5º e 6º de primaria do colexio Manuel Luís Acuña (Hórreo, 11 ) (60 alumnos aprox.). Traslado pola empresa Urbanos de Ourense en autobús desde o colexio ao centro de pantallas, explicación no mesmo do funcionamento das mesmas e regreso ao colexio. Día 22 de septembro (12 Am): Alumnos de 5º e 6º de primaria do colexio CEIP Prácticas (Vicente Risco e Agüero, 9) (60 alumnos aprox.). Traslado pola empresa Urbanos de Ourense en autobús desde o colexio ao centro de pantallas, explicación no mesmo do funcionamento das mesmas e regreso ao colexio. MOBILIDADE SOSTIBLE CON MITSUBISHI As melloras en materia de mobilidade veñen dadas por unha cambio de hábitos no uso do transporte cara á bicicleta ,o camiñar a pé, o transporte colectivo, xa que así lograremos unha menor contaminación do medio ambiente e unha maior fluidez do tráfico, pero non podemos esquecer as novas tecnoloxías que cada vez se preocupan máis, non só pola diminución da polución e pola prevención do cambio climático, senón tamén pola diversificación de fontes de enerxía e a redución da dependencia do petróleo. Por iso desde a organización da semana da mobilidade cremos fundamental dar a coñecer medios de transporte novos e respectuosos co medio ambiente por iso coa colaboración de MitsubishiMotors realizaremos a seguinte actividade. Actividade que consistirá en dar a coñecer ao cidadán un novo referente en materia de mobilidade sostible: O coche eléctrico Consistirá na colocación dunha carpa informativa na rúa do Paseo os días 16,17,19,20,21 e 22 de setembro . Esta actividade será patrocinada pola marca MitsubishiMotors que foron os primeiros na fabricación en serie do primeiro vehículo totalmente eléctrico para a vida real. Posúen os medios e persoal altamente cualificado para ofrecer ao cidadán un coñecemento amplo do coche eléctrico. A actividade contará coa posibilidade do cidadán de probar e coñecer as vantaxes do vehículo in situ. A actividade realizarase en horario de mañá e de tarde. ACTIVIDADES ESPECIAIS DÍA 22 DE SETEMBRO (DÍA DA MOBILIDADE) INTERVENCIÓN DE SINALIZACIÓN, INFORMACION E CONCIENCIACIÓN DO USO DAS SENDAS CICLABLES: Día 22 ás 12 do mediodía Actividade que se desenvolverá polas sendas ciclables das marxes do Miño dende Oira ata Outarizmediante un grupo de voluntarios do Concello de Ourense, P(A)T Galicia, acompañados de voluntarios que foron formados previamente e que contan cunha condición especial por ser pacientes do Centro Psiquiátrico Ourensán Cabaleiro Goás, que informarán aos usuarios da senda ciclable de como facer un correcto uso da mesma mediante a entrega de folletos explicativos, reflectores. Colocaranse sinais de información sobre o correcto uso das sendas ciclables. REIVINDICANDO AIRE LIMPO PARA TOD@S Actividade que consistirá nunha marcha en bicicleta ás 8 da tarde por diferentes rúas da cidade (percorrido aínda por determinar). Para reivindicar o uso da bicicleta como peza fundamental para manter un aire limpo na cidade cada ciclista levará, un globo branco ou azul para intentar simular o ceo limpo encima das bicicletas. Para a organización da mesma contarase coa participación de clubs ciclistas da cidade e co apoio e participación da asociación por unha mobilidade responsable MOBI-LIZA. BOA PRÁCTICA: PROXECTO PILOTO: AS DÚAS RODAS PRIMEIRO CONCELLO ONDE SE REALIZA: OURENSE NUMERO DE CIDADÁNS INVOLUCRADOS: 108.674 DENOMINACIÓN DA PRÁCTICA: SISTEMA QUE OUTORGARÁ PREFERENCIA A Las MOTOCICLETAS, CICLOMOTORES E BICICLETAS NAS DETENCIÓNS DOS CRUCES REGULADOS POR SEMÁFOROS. DESCRICIÓN BREVE: O sistema que outorgará preferencia aos vehículos de dúas rodas nos semáforos consiste en delimitar unha zona de 3 metros entre o paso de peóns e a liña onde deben deterse os turismos. Esta zona estará delimitada e contará coa marca no pavimento que indique que a zona está reservada para vehículos de dúas rodas. Trátase dunha experiencia piloto e realizarase en tres rúas céntricas da cidade de Ourense (rúa Ervedelo( Cruce Ervedelo/Avenida de Portugal)), (rúa Progreso(alameda cruceiro/Progreso))( progreso/Ervedelo)) ). Esta acción só realizarase en rúas de sentido único de circulación xa que, ao non posuír amplas avenidas na Cidade, se se realiza en rúas de dobre sentido pode supor risco para os usuarios. Para dar información necesaria de comportamento ante a nova situación do tráfico que se presentará nesas rúas, realizarase unha campaña informativa en diferentes medios. OBXECTIVOS: Son numerosas as accións que se puxeron en marcha na cidade para fomentar o uso da bicicleta pero, a pesar de que cada vez é maior o seu uso, o usuario é remiso á utilización polas rúas céntricas xa que a convivencia turismo-bici-moto é aínda complicada. Accións como esta pretenden darlle ao vehículo de dúas rodas un protagonismo necesario, entre eles á bicicleta, tan necesaria para lograr unha mobilidade sostible. Coa zona reservada para a detección de vehículos de dúas rodas outorgaráselles protagonismo aos mesmos e á vez outorgaráselles o respecto necesario para alcanzar unha convivencia tan necesaria entre os diferentes medios de transporte. DURACIÓN: Este sistema inaugurarase oficialmente o día 16 de setembro do 2011. GRUPOS OS QUE VAI DIRIXIDA: Este servizo vai dirixido a cidadáns e visitantes que posúan a idade necesaria para exercer un uso responsable da bicicleta así como aos que teñan a idade que a lei establece no Código xeral de Circulación para a condución de motocicletas e ciclomotores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario